Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA UNHAS XORNADAS INFORMATIVAS SOBRE "EFICIENCIA ENERXÉTICA"
As sesións informativas desenvolveranse en locais sociais da zona urbana e rural dende hoxe ata o 16 de decembro, tal e como indicou o concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego
Narón, 30 de novembro de 2021. O Concello convocou unhas xornadas informativas sobre “Eficiencia enerxética” que comezan a desenvolverse esta tarde, ás 20.00 horas no local social do Alto do Castiñeiro, e que continuarán ata mediados de decembro na zona urbana e rural. Un profesional na área de eficiencia enerxética será a persoa encargada de informar aos asistentes sobre diversas cuestións relacionadas con esta temática. Dende a Concellería de Medio Ambiente, o edil Santiago Galego avanzou que as vindeiras convocatorias programadas serán mañá no local social de San Mateo -19.30 horas-, este xoves no local social de Pedroso -19.30- e o venres no local social de Xuvia -18.30. A vindeira semana, indicou, continuarán o venres 10 na Cooperativa do Val -19.00- e tamén se convocaron o 14 de decembro no local social de Doso -19.00-,e o 15 no local social da Gándara -19.00- para rematar o ciclo o día 16 de decembro no local social de Sedes -19.30-.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal