Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL PERMANECERÁ PECHADA A VINDEIRA SEMANA POR OBRAS DE MANTEMENTO
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que a previsión é reabrir as instalacións o vindeiro 11 de decembro
Narón, 3 de decembro de 2021. A Biblioteca municipal permanecerá pechada a vindeira semana por obras de mantemento, tal e como informou a concelleira responsable da área, Mercedes Taibo. Á ponte entre dous festivos que se realizará o día 7 no Concello, sumaranse o xoves e venres 9 e 10, donde se prestará servizo na sala infantil no seu horario habitual, de 17.00 a 20.00. As salas e servizos da sección de adultos permanecerán pechadas ata o 11 de decembro, segundo as previsións iniciais. O persoal da Biblioteca traballará –a porta pechada- os días 9 e 10, polo que se atenderá telefónicamente 981 382 173 e a través do correo electrónico: biblioteca.central@naron.es no horario habitual. Nesa xornada de reapertura, o día 11, está previsto celebrar na Biblioteca unha sesión de contacontos infantil “As viaxes de Irene: Guatemala”. A actividade diríxese a nenas e nenos a partir de 4 anos e con carné da Rede de Bibliotecas de Galicia, que poderán reservar praza a partir do vindeiro xoves, día 9, ás 16.00 horas chamando ao número de teléfono 981 382 173 en horario de apertura da Biblioteca (as instalacións estarán pechadas pero atenderase telefonicamente). Taibo recordou que a Biblioteca colabora co Centro de Recursos Solidarios recollendo libros infantís e xuvenís para as familias vulnerables. A recollida rematará o 18 de decembro, para posteriormente clasificar os libros doados para proceder ao seu empaquetado antes de entregalos ao Centro de Recursos Solidarios de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal