Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
GRAN AFLUENCIA DE PÚBLICO NA PRIMEIRA XORNADA DO "XII MERCADO DE 2ª MAN" QUE SE CELEBRA EN SEDES
GRAN AFLUENCIA DE PÚBLICO NA PRIMEIRA XORNADA DO
O evento continuará mañá, en horario de mañá e tarde, no recinto feiral do Trece, tal e como recordou o edil de Medio Ambiente, Santiago Galego
Narón, 4 de decembro de 2021. A primeira xornada do “Mercado de 2ª man” organizado polo Concello de Narón tivo unha moi boa acollida entre veciñas e veciños da cidade e comarca. Un total de setenta e nove postos danse cita neste evento que continuará mañá no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes. As persoas que o desexen poderán acudir en horario de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas, tal e como recordou o edil de Medio Ambiente, Santiago Galego.
Roupa, calzado, libros, discos, artigos de cerámica, antigüidades, xoguetes, bisutería, pezas de decoración e coleccionismo… son algúns dos produtos que se poden adquirir nos diferentes postos de venda instalados no interior dunha das naves do recinto feiral. Así mesmo, hai un espazo reservado para o Centro de Recursos Solidarios de Narón donde se poden doar alimentos e produtos de hixiene.
No mercado tamén se organizaron obradoiros de reciclaxe e relacionados co medio ambiente para nenas e nenos que tiveron un gran éxito de acollida. Aos celebrados hoxe de fabricación de muérdago con corcho, de xoguetes con tapóns de plástico, lapiceiros con rollos de papel e xoias con chapas de refrescos sumaranse os programados para mañá. Os menores poderán aprender a fabricar bolas de Nadal con telas e tarros con sal de cores pola mañá e pola tarde farán maceteiros con latas e pinzas e construirán instrumentos con materiais de refugallo.
Na entrada cada persoa recibe de balde unha rifa coa que poden participar nos sorteos que se realizan en horario de mañá e de tarde de produtos de Nadal.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal