Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ENTREGA Á AGRUPACIÓN DE LIBREIROS DE FERROLTERRA UN MILLAR DE BOLSAS REUTILIZABLES
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregou hoxe as bolsas ao presidente da Agrupación de Libreiros de Ferrolterra, Antonio Martínez
Narón, 4 de xaneiro de 2022. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregou hoxe ao presidente da Agrupación de Libreiros de Ferrolterra, Antonio Martínez, un millar de bolsas de material reutilizable para contribuír á campaña iniciada polo colectivo baixo o lema “Protexamos as librarías de barrio, protexamos o medio ambiente”. Esta campaña lévase a cabo un ano máis durante a tempada do Nadal, coincidindo coa de promoción de comercio de proximidade, tal e como indicou Pita. As bolsas distribuiranse entre a clientela que realice compras nas librarías da zona. “Esperamos que a xente aposte pola compra de libros, para fomentar a lectura, mercando nos negocios de barrio”, apuntou Pita. Pola súa banda, Antonio Martínez asegurou que “queremos que a xente vexa que hai librarías nos barrios e que merque nelas”, destacando a importancia destes establecementos á hora de ofrecer unha gran variedade de artículos á cidadanía.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal