Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ALUMNADO DO COLEXIO DA GÁNDARA ALZOUSE CO PRIMEIRO PREMIO DAS "III OLIMPÍADAS DE EDUCACIÓN VIARIA" DE NARÓN
ALUMNADO DO COLEXIO DA GÁNDARA ALZOUSE CO PRIMEIRO PREMIO DAS
Os edís de Seguridade Cidadá, Román Romero, e Educación, Mercedes Taibo, entregaron os diplomas aos centros participantes y a los equipos ganadores
Narón, 12 de xaneiro de 2022. Alumnas e alumnos do colexio da Gándara obtiveron onte o primeiro premio das “III Olimpíadas de Educación Viaria” organizadas polo Concello de Narón. A fase final desta convocatoria celebrouse esta mesma mañá, dende as 10.00 horas, no Pazo da Cultura, quedando clasificados en primeiro lugar o colexio da Gándara, en segundo o Ponte de Xuvia co terceiro o CPR Ayala. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, e a edil de Ensino, Mercedes Taibo, foron as persoas encargadas de entregar os diplomas e algúns dos agasallos xunto con representantes das empresas colaboradoras. Un alumno da Escola de Formación de Actores e Actrices de Narón foi a persoa encargada de conducir o evento, que este ano se retransmitiu vía streaming.
Mercedes Taibo foi a encargada de entregar os diplomas aos centros participantes nesta edición das olimpíadas -Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Ayala, Virxe do Mar, A Solaina, O Feal, A Gándara, Piñeiros e O Val- e Román Romero entregou os diplomas dos tres premios desta edición, se ben os agasallos, para a aula, os entregaron a edil de Ensino e representantes das empresas colaboradoras.
Un total de 308 escolares de cuarto e quinto de Primaria de nove centros de ensino da cidade participaron na terceira edición das Olimpíadas Escolares de Educación Viaria, iniciadas o pasado mes de outubro e nas que colaboraron un ano máis a Fundación CNAE (Confederación Nacional de Autoescuelas) e varias empresas.
O alumnado recibiu dende o pasado mes de outubro formación teórica nas aulas sobre cinco bloques: educación viaria (normativa de peóns, ciclistas, pasaxeiros e vehículos de mobilidade persoal); medio ambiente (reciclaxe, punto limpo e tanques de tormenta); igualdade (xogos Quen é ela? e O misterio das mulleres invisibles); Matemáticas aplicadas ao programa de educación viaria (coñecementos básicos de problemas sobre tempos e medidas métricas) e Inglés (vocabulario e gramática para dar direccións). Nos meses de outubro e novembro levouse a cabo a fase formativa, tamén puntuable, para a continuación realizar unha gincana con bicicletas que consistiu nun circuíto virtual tamén puntuable.
Finalmente hoxe o alumnado dos centros –seis menores por cada colexio- participaron na última fase, respostando a trinta preguntas tipo test para obter unha puntuación que, sumada á das fases anteriores, determinou ás gañadoras e gañadores desta edición das Olimpíadas de Educación Viaria.
O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, encargouse de pechar o acto trala entrega dos diplomas e os agasallos, felicitando ao alumnado dos centros de ensino da cidade pola súa implicación nas olimpíadas. Romero destacou tamén o traballo realizado polas persoas que participaron na fase teórica e na gincana e a colaboración dos centros de ensino da cidade, do equipo de Educación Viaria de Narón, da Fundación CNAE, das empresas que se sumaron a esta convocatoria e da Escola de Formación de Actores e Actrices do Padroado da Cultura de Narón. “Grazas a todas e todos puidemos celebrar un ano máis estas olimpíadas, que confiamos en que o vindeiro curso poidan ser totalmente presenciais e que consideramos que ofrecen unha formación moi necesaria en materia de educación viaria”, subliñou.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal