Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE MAÑÁ E O SÁBADO ÁS INMEDIACIÓNS DE ODEÓN
O vehículo estará operativo o venres pola tarde e o sábado pola mañá nunha zona habilitada para o estacionamento na rúa Cataluña
Narón, 13 de xaneiro de 2022. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará mañá e o sábado nas inmediacións do Centro Comercial Odeón, na Gándara (avenida Cataluña). Na xornada de mañá a unidade móbil permanecerá na zona indicada entre as 15.30 e as 21.00 horas e o sábado, día 15, estará tamén operativa nese lugar dende as 10.00 ata as 15.00 horas, tal e como indicaron dende ADOS. Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal