Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS PRAZAS PARA A MESA REDONDA SOBRE "ISLAS JAULA" QUE TERÁ LUGAR MAÑÁ NO CAFÉ TEATRO DO PAZO
Tres profesionais que traballaron no espectáculo "Moria", Mario Vega -director artístico-, Nicolás Castellanos -asesor de contidos- e Anna Surinyach -directora de fotografía- serán os poñentes da mesa
Narón, 14 de xaneiro de 2022. As persoas que desexen acudir á mesa redonda sobre “Islas Jaula” que se celebrará mañá, ás 18.00 horas, no Café Teatro do Pazo da Cultura, dispoñen aínda dalgunhas prazas libres –de balde- para poder asistir, xa que o aforo é limitado. Na convocatoria abordarase a situación das persoas refuxiadas e a planificación do uso de territorios insulares como espazo de retención de persoas. Así mesmo, darase a coñecer o proceso de creación e montaxe do espectáculo “Moria”, da compañía Unahoramenos Producciones e que se representará hoxe e mañá ás 20.00 horas. Durante algo máis dunha hora, Mario Vega, director artístico de Unahoramenos Producciones e do espectáculo “Moria”; Nicolás Castellanos, xornalista e asesor de contidos do citado espectáculo, e Anna Surinyach, directora de fotografía, intervirán na mesa redonda de mañá. As persoas interesadas poden tamén adquirir entradas para a representación hoxe e mañá no Pazo de “Moria”, un espectáculo que conta a historia de dúas mulleres refuxiadas de Afganistán e Bagdag e as súas familias, que teñen que fuxir dos seus países e vivir situacións moi complicadas tanto no momento da fuxida como unha vez que chegan a Europa, donde pensaban que remataría a súa etapa de sufrimento. As entradas teñen un prezo de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para abonados/as, desempregados/as e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal