Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO IMPULSA O PROGRAMA "CONSTRUÍNDO FUTURO" DIRIXIDO A MENORES DE FAMILIAS VULNERABLES
A concelleira de Benestar Social, Catalina García, explicou que a través das sesións ofrecerase reforzo educativo e previranse condutas inapropiadas co fin de mellorar a integración social do colectivo ao que se dirixen
Narón, 17 de xaneiro de 2022. Mozas e mozos de 12 a 16 anos en situación de vulnerabilidade social son os destinatarios do programa municipal Construíndo futuro, de apoio e reforzo escolar. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, anunciou o inicio deste programa, que se desenvolverá ata finais de maio e a través do que se atenderá, en dúas quendas, a un total de dezaseis menores. “Unha educadora social será a persoa encargada de impartir as sesións, de dúas horas de duración, e nas que os rapaces e rapazas realizarán unha serie de actividades para potenciar e mellorar a súa formación, saúde, habilidades sociais e tamén as relacións interpersoais”, explicou a edil naronesa. García índicou que as mozas e mozos que participarán nesta convocatoria derivaranse dende o Servizo Sociocomunitario Municipal. A maiores do reforzo educativo, recalcou a edil, tamén se trata de “previr condutas inapropiadas ou situacións de risco, para evitar a escasa integración social do colectivo”. As sesións levaranse a cabo nas instalacións da Casa da Mocidade, na Gándara. Para máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Concello, no teléfono 981 337 700 (extensións 1111, 1108 e 1109) ou escribir ao correo electrónico: omix@naron.es.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal