Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ASINADA A ACTA DE REPLANTEO QUE PERMITE INICIAR AS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DO NOVO LOCAL SOCIAL DO ALTO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse esta mañá á rúa do Rosal, donde se localiza o inmoble, para reunirse con representantes da empresa adxudicataria dos traballos
Narón, 28 de xaneiro de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse esta mañá á rúa do Rosal, no Alto do Castiñeiro, para asistir á firma da acta de replanteo que permitirá á empresa Novavial iniciar os traballos de acondicionamento do local social do Alto. A construción localízase no baixo dos números 37-39 da rúa do Rosal e ten unha superficie construída de 298 metros cadrados. O Concello reservou unha partida de 233.489 euros á execución destes traballos, que se cofinanciarán con cargo a un plan provincial. “O local destinarase a actividades propias dos locais sociais, formativas e lúdicas, e completará a rede de espazos que tanto na zona urbana como na rural está a disposición das veciñas e veciños”, recalcou a alcaldesa. Ferreiro explicou que a actual estrutura consta de dous baixos con entrada pola fachada principal, na rúa do Rosal, con forma rectangular e unidos por un espazo de paso que se xuntarán para formar un só local. O baixo localizado na parte dereita é totalmente diáfano, mentres que o da esquerda ten unhas obras que se realizaran previamente pero que se conservan en mal estado. Por este motivo, tal e como se contempla no proxecto, levarase a cabo un acondicionamento integral dos dous espazos, o que implicará unha renovación completa das instalacións e da fachada e tamén obras para que finalmente o local cumpra as debidas condicións enerxéticas e de habitabilidade. A superficie final útil do local será de 277 metros cadrados, donde se habilitarán unha sala disciplinar -105 metros cadrados-, unha cafetería -52-, unha sala -36 metros cadrados- e outras estancias de menor superficie, entre as que están un almacén xeral, unha oficina, un ambigú, un office, unha despensa, un cuarto de limpeza e tres aseos –homes, mulleres e persoas discapacitadas-. A empresa adxudicataria dos traballos dispón dun prazo de seis meses para levalos a cabo, tal e como se especifica no contrato, se ben os representantes da mesma avanzaron a súa previsión de comezalos a segunda semana de febreiro. O Concello destinou a maiores no seu día unha partida que rondou os 100.000 euros para a adquisición dos locais que se acondicionarán no Alto, materializando así o compromiso adquirido coa Asociación de Veciños Chafarís, constituída hai algo máis de dúas décadas. A maiores, o Consistorio mantén un convenio anual coa citada entidade veciñal para levar a cabo diferentes actividades ao longo do ano.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal