Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE SOLDADURA TIG DIRIXIDO A PERSOAS DESEMPREGADAS DE NARÓN
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, recordou que este novo curso está incluído no Programa Municipal de Formación
Narón, 7 de febreiro de 2022. O Concello de Narón abrirá mañá o prazo de inscrición nun curso de Soldadura TIG do Programa Municipal de Formación. A acción formativa diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón, tal e como recordou a concelleira de Formación, Natalia Hermida, que incidiu en que para poder realizar o curso é preciso dispoñer da acreditación da formación básica en Prevención de riscos laborais (60 horas, válido para o sector do metal), debendo presentar unha copia do diploma ou certificación do mesmo coa solicitude. As inscricións poderán tramitarse dende mañá ás 8.30 horas ata o 15 de febreiro ás 13.30 horas. O curso dispón dun total de oito prazas e para a selección do alumnado, as persoas que cumpran os requisitos serán chamadas para realizar unha entrevista. A acción formativa consta dun total de 100 horas que se impartirán no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. As sesións iniciaranse o 3 de marzo e rematarán o 6 de abril. As clases en aula serán de luns a venres entre as 16.00 e as 20.00 horas. Fundamentos do procedemento TIG; electrodos, características, selección, afiado; técnicas de soldeo TIG aplicadas a cada tipo de xunta e posición; soldabilidade dos aceiros inoxidables, aceiro ao carbono, aluminio e cuproníquel e soldeo TIG con corrente continua de polaridade directa e inversa e xeradores de alta frecuencia son os contidos que se abordarán no curso. As inscricións poden realizarse no Rexistro Xeral do Concello –de luns a venres entre as 8.30 e as 13.30 horas-, na Sede Electrónica do Concello ou a través dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Para recibir máis información pódese consultar a páxina web do Concello, a Sede Electrónica de Narón ou chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1108 e 1109).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal