Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA TRINTENA DE ALUMNAS E ALUMNOS DO CPR SANTIAGO APÓSTOL REUNÍRONSE ONTE COA ALCALDESA NO SALÓN DE PLENOS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, respostou ás preguntas que lle formularon os escolares e visionou con eles o vídeo "Nara de Narón"
Narón, 20 de abril de 2022. Preto dunha trintena de alumnas e alumnos de sexto curso de educación Primaria do colexio Santiago Apóstol visitaron onte o Concello con motivo das actividades impulsadas a través do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola. A alcaldesa, Marián Ferreiro, reuniuse cos escolares ás 10.15 horas no salón de plenos, donde visionou cos menores o vídeo “Nara de Narón” para, a continuación, respostar a cantas preguntas lle formularon. As nenas e nenos interesáronse por saber que era o máis difícil e o máis doado do cargo de alcaldesa; cantas persoas traballan no Concello e as súas funcións; os motivos que levaron á rexedora local a entrar na política e se xa de pequena quería ser alcaldesa; cal foi a decisión que máis lle custou tomar…. entre outras cuestións. Unha vez que remataron as preguntas as nenas e nenos recibiron un agasallo institucional, unha gorra da abella “Nara” e un exemplar do libro “Narón pinta ben”, con varios espazos moi recoñecidos da cidade para pintar. Un explorador e a propia Nara, unha abella de Narón, actúan como guías dos menores nas visitas dramatizadas que se levan a cabo este ano por vez primeira como tal no Concello. Eles reciben aos escolares á súa chegada ao Concello e explícanlles o funcionamento da administración dun xeito didáctico, ao tempo que traballan en grupo cun crebacabezas da cidade. As visitas escolares programadas a través desta iniciativa continuarán este mes, concretamente o día 26, cando a rexedora local recibirá a un grupo de alumnas e alumnos de sexto de Infantil do CEIP Ponte de Xuvia. En maio será o turno de escolares do CEIP Virxe do Mar –o día 3-, e do CEIP A Solaina –os días 24 e 31-.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal