Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS "TRÁMITES ELECTRÓNICOS/OFICINA VIRTUAL" E "INTERNET E AS SÚAS UTILIDADES SEGURAS"
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, indicou que estas dúas accións formativas se impartirán na Aula Cemit de Xuvia
Narón, 20 de abril de 2022. A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou a apertura, hoxe, do prazo de inscrición en dous cursos que se impartirán na Aula Cemit de Xuvia: “Trámites electrónicos/Oficina virtual” e “Internet e as súas utilidades seguras”. Estas dúas convocatorias realizaranse a través da plataforma Cemit da Xunta de Galicia, polo que as persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través dos enlaces: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/38563 ( o de Trámites electrónicos /Oficina Virtual) e https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/38564 (o de Internet e as súas utilidades seguras). O curso sobre “Trámites electrónicos/Oficina virtual” consta dun total de 24 horas e impartirase do 10 ao 18 de maio entre as 9.30 e as 13.30 horas. As persoas que o realicen abordarán contidos como a introdución á administración electrónica, os trámites de libre acceso (sen certificado), que é un certificado dixital e como obtelo, o uso e funcionamento do DNI electrónico e a realización de trámites en liña (citas médicas, seguridade social, Axencia Tributaria). No que respecta ao curso de “Internet e as súas utilidade seguras”, impartiranse 80 horas formativas, dende o 11 de maio ata o 8 de xuño e en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas. Os contidos serán neste caso sobre a seguridade, contrasinais, antivirus –tipos de virus, configuración e uso-, navegar en páxinas seguras, compras en páxinas seguras, correo electrónico seguro e seguridade en redes sociais. Ofértanse un total de doce prazas para cada unha das convocatorias, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, recibindo as persoas admitidas no mesmo unha chamada telefónica na que lles confirmará esa admisión.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal