Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NOVA EDICION DO PROGRAMA ECOESCOLA DURANTE A SEMANA SANTA
O Concello ofrece este servizo de coidado de fill@s do 29 ó 31 de marzo, en Aldea Nova.
Narón, 17 de Marzo de 2010.- A Concelleira de Igualdade do Concello de Narón, María del Carmen Espada Cortizas, anunciou hoxe a celebración en Aldea Nova, durante os días 29, 30 e 31 de marzo próximos dunha nova edición da Ecoescola. Este programa vai dirixido a familias que necesitan conciliar o traballo có coidado dos seus fillos e fillas de 3 a 13 anos en períodos de vacacións escolares. A finalidade do programa é poñer fin ós obstáculos ós que se enfrontan as traballadoras para acceder e permanecer no mercado de traballo en igualdade de condicións, por ser as principais responsables do coidado de fillos/as, familiares e de cumprir con outras obrigacións persoais. A medida inclúese no I Plan de Igualdade de Narón. Dentro do Plan merece atención especial a ampliación de medidas para garantir a igualdade de oportunidades a familias que están en risco de exclusión social. O prezo do programa é de 15 euros por persoa, e inclue o traslado en autobus, o almorzo e o xantar, ademáis das actividades lúdicas e educativas. Poderán participar 24 rapaces e rapazas. Para facelo, deberán dirixirse ó Servizo Sociocoumunitario Municipal ata o vindeiro xoves 25 de marzo. Haberán de cubrir unha instancia solicitando a súa participación no programa, e aportando os datos do neno/a. O modelo de instancia pode descargarse aquí. Nos tres días, realizaranse, entre outras actividades, xogos tradicionais, experimentos con enerxías renovables, prácticas de astronomía, labores na horta e gandería, e xogos para aprender a orientarse no medio físico, cociña ( facer o pan no forno tradicional de leña, facer o queixo…) e reciclaxe artística.
Descarga de archivos
INSTANCIA PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA ECOESCOLA
Tamaño:81,00 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal