Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA E O PRESIDENTE DA AEF INSTAN AO GOBERNO CENTRAL E Á XUNTA A INCLUÍR A NARÓN NO PROTOCOLO DE TRANSICIÓN XUSTA DE AS PONTES
A ALCALDESA E O PRESIDENTE DA AEF INSTAN AO GOBERNO CENTRAL E Á XUNTA A INCLUÍR A NARÓN NO PROTOCOLO DE TRANSICIÓN XUSTA DE AS PONTES
Marián Ferreiro e José Ángel Torreiro rubricaron os documentos dirixidos ás administracións esta mesma mañá, tras unha reunión na que tamén estivo presente o edil de Promoción Económica, David Pita
Narón, 13 de maio de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o presidente da Asociación de Empresarios Ferrolterra (AEF), Ángel José Torreiro, asinaron esta mañá tres cartas dirixidas ao Goberno central, a Xunta de Galicia e a Federación Española de Municipios e Provincias instando ás administracións a que inclúan a Narón no protocolo de Transición Xusta de As Pontes. No acto da sinatura estivo tamén presente o edil de Promoción Económica de Narón, David Pita.
A rexedora local recordou que o pasado mes de novembro o Concello aprobou no pleno unha moción na que se se solicitaba a inclusión de Narón no ámbito xeográfico do convenio de Transición xusta de As Pontes, que lamentablemente, indicou, non foi atendida. “Para sorpresa do Concello e do propio tecido empresarial desta cidade, tanto o Goberno central como a Xunta continúan desoíndo a nosa petición, que non é outra que que se inclúa a Narón no Plan de acción urxente para comarcas do carbón e centrais en peche 2019-2021, como municipio afectado polo peche da térmica pontesa”, recalcou.
No escrito alúdese á traxectoria empresarial de Narón e ás graves consecuencias que suporá quedar fóra do citado plan. Ante a actual situación, dende o Concello e a AEF advirten sobre “o impacto dos peches sobre as empresas asentadas na cidade, que será considerablemente superior ao doutros concellos que forman parte dese plan de actuación urxente, atendendo a que Narón é actualmente o motor industrial da comarca e nesta localidade teñen as súas instalacións varias empresas que traballan como subcontratas ou subministradoras de materiais e/ou servizos para a térmica pontesa”. O peche da central, tal e como denunciaron Ferreiro e Torreiro, “suporá previsiblemente o despido de persoal das compañías asentadas en Narón ante a falta de carga de traballo procedente das citadas instalacións”.
A alcaldesa e o presidente de AEF incidiron na “situación de desamparo na que se atopa actualmente o concello de Narón e o sector empresarial asentado na cidade, ao non poder optar ás liñas de axudas que se establecerán para paliar os graves efectos do peche da térmica”.
Dende o Concello e a Asociación de Empresarios Ferrolterra insisten en que “non pedimos máis que un trato igualitario, que atenda á situación do noso concello e do tecido empresarial da cidade, para poder ter as mesmas alternativas de futuro que o resto de localidades afectadas polo peche da central e poder acceder ás axudas que se establezan para impulsar novos proxectos na zona”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal