Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS CONSELLOS TERRITORIAIS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ CELEBRARANSE ESTA SEMANA EN SAN XIAO E NO ALTO DO CASTIÑEIRO
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, recordou que mañá se celebrará o encontro coa veciñanza de San Xiao e o mércores coa do Alto do Castiñeiro
Narón, 23 de maio de 2022. Os locais sociais de San Xiao e do Alto do Castiñeiro acollerán esta semana dous novos Consellos Territoriais de Participación Cidadá. As convocatorias programáronse para mañá e o mércores, respectivamente, e en ambos casos a partir das 18.00 horas, tal e como recordou a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García. A edil naronesa será a encargada de presidir os encontros, nos que estará acompañada por outros representantes dos grupos políticos da corporación local e por persoal da Escola de Participación de Narón. Xuntos analizarán, xunto coas veciñas e veciños de San Xiao e do Alto do Castiñeiro, as actividades que programan nas asociacións das citadas parroquias no que resta de ano e tamén analizarán diferentes cuestións relacionadas coa actualidade municipal. Este mes de maio celebrarase outro Consello Territorial, concretamente o día 31 na Gándara, a partir das 18.00 horas no local social. Os dous últimos, cos que se pechará o ciclo deseñado en todos os barrios e parroquias da zona urbana e rural da cidade, terán lugar no mes de xuño, o día 2 o de Santa Icía-A Solaina no local social de Virxe do Mar, ás 18.00 horas, e o día 3 en Castro, ás 19.30 horas no local social “O Paraxe”. As persoas que desexen asistir deben confirmar previamente enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou chamando ao número de teléfono 603 865 413. As datas e horarios de cada unha destas convocatorias poden consultarse na web do Concello de Narón e nas redes da Escola de Participación.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es