Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ILUMINARÁ MAÑÁ DE COR LARANXA A GLORIETA DE FREIXEIRO CON MOTIVO DO DÍA NACIONAL DA EPILEPSIA
O Consistorio súmase así á iniciativa da Asociación Nacional de Persoas con Epilepsia-ANPE para visibilizar esta enfermidade e concienciar á sociedade
Narón, 23 de maio de 2022. O Concello iluminará mañá de cor laranxa a glorieta de Freixeiro con motivo do Día Nacional da Epilepsia. Deste xeito o Consistorio naronés únese á campaña da Asociación Nacional de Persoas con Epilepsia-ANPE para visibilizar esa enfermidade, concienciando á sociedade e, ao tempo, normalizando esta doenza. Así mesmo, dende o Concello difundiranse a través da páxina de Facebook a imaxe e o vídeo “Como actuar”, con información sobre que facer ante un caso dunha crise de epilepsia. A citada asociación traballa dende hai anos en representar e defender os dereitos das persoas con epilepsia e as súas familias en España, incidindo en que “é o momento de que esas persoas atopen un lugar na sociedade, erradicando falsos mitos”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal