Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO PRESIDENTE DO CINECLUBE SERIE B
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO PRESIDENTE DO CINECLUBE SERIE B
Marián Ferreiro e Alberto Pena rubricaron un acordo que permitirá proxectar unha ducia de películas na cidade e tamén organizar outras actividades vencelladas á sétima arte
Narón, 27 de maio de 2022. A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, asinou esta mañá un convenio de colaboración co Cineclube Serie B, representado polo seu presidente, Alberto Pena. Na convocatoria, que se levou a a cabo no Concello, estivo tamén presente Anabel Valera, secretaria do Cineclube Serie B. En virtude ao acordo rubricado entre as partes, por un importe de 3.000 euros, ten por obxecto ofertar á cidadanía ciclos de cine nos que se proxecten películas ás que o público xeral non pode acceder nas salas de cine convencionais (cine independente, en galego, de baixo orzamento, filmes de directores/as noveis).
O eixe vertebrador deses ciclos serán cuestións de interese social, como o cambio climático, a violencia de xénero, o papel da muller ao longo da historia, a diversidade sexual e de xénero, a desigualdade social e a saúde mental, tal e como se contempla no convenio. “Organizaranse eses ciclos no Pazo, sempre que sexa posible, para poder proxectar no vindeiro semestre do ano sobre unha ducia de películas nas que se aborden esas temáticas e con entrada de balde, ao tempo que tamén se tratarán de organizar charlas e coloquios con profesionais da sétima arte e montaranse algunhas exposicións itinerantes”, avanzou Ferreiro.
A alcaldesa destacou o labor que desenvolve na cidade o Cineclube Serie B “que xa colaborou con nós noutros eventos organizados na cidade e que nos permite poñer en valor unha serie de películas e actividades vencelladas ao sector cinematográfico para achegalas a toda a veciñanza”. Ferreiro felicitou aos representantes da entidade e animounos a continuar traballando “ao igual que vides facendo, porque aínda sendo unha das entidades de máis recente creación en Narón, sodes xa todo un referente no mundo da sétima arte e grazas a vós contribuímos tamén dende o Concello a revalorizar a historia dos cineclubes en Galicia”.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal