Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UXÍA & SÉRGIO TANNUS E TACHENKO, NO CARTEL DA TERCEIRA EDICIÓN DE "NOITES Á FRESCA"
UXÍA & SÉRGIO TANNUS E TACHENKO, NO CARTEL DA TERCEIRA EDICIÓN DE
A concelleira de Festas, Natalia Hermida, anunciou que a convocatoria terá lugar os días 8 e 9 de xullo xunto á magnolia centenaria do paseo de Xuvia
Narón, 22 de xuño de 2022. A concelleira de Festas e Turismo, Natalia Hermida, presentou esta mañá na magnolia de Xuvia o cartel da terceira edición da proposta “Noites á fresca”, impulsada dende o Concello e que se desenvolverá os días 8 e 9 de xullo. Hermida destacou que “un ano máis recuperamos esta proposta baixo a magnolia centenaria de Xuvia, cun gran valor patrimonial, rexistrada no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, e que nos permitirá celebrar os dous concertos programados nun entorno único, na zona do Camiño Inglés a Compostela.
O venres 8 de xullo actuarán Uxía & Sérgio Tannus, dous piares da música do país que traen a Narón un proxecto conxunto de gran calidade. A cita será ás 22.30 horas e durante este período o público terá a oportunidade de desfrutar da música galega da man de Uxía e á que se sumará o brasileiro Sérgio Tannus, artista virtuoso de varios instrumentos asentado dende hai décadas en Galicia.
A segunda xornada, o sábado 9, tamén ás 22.30 horas, terá lugar o concerto de Tachenko, un quinteto de Zaragoza que chega á cidade co seu último disco, “Las discotecas de la tarde”, publicado trala pandemia e cunha decena de temas. Con varios álbumes na súa dilatada traxectoria, a música pop segue sendo o seu sinal de identidade.
“En ambos casos a entrada é de balde, apostando por achegar a música á cidadanía en xeral cunha posta en escena moi coidada, tanto no aspecto da iluminación como no son, para poder aproveitar ao máximo estas dúas xornadas e a estes grandes artistas que participarán nesta edición”, destacou Hermida.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal