Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A BIBLIOTECA MUNICIPAL, A DA GÁNDARA E A LUDOTECA DA SOLAINA ABRIRÁN AS SÚAS PORTAS CO HORARIO DE VERÁN A PARTIR DE MAÑÁ
A BIBLIOTECA MUNICIPAL, A DA GÁNDARA E A LUDOTECA DA SOLAINA  ABRIRÁN AS SÚAS PORTAS CO HORARIO DE VERÁN A PARTIR DE MAÑÁ
A edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que o novo horario estará operativo ata o vindeiro 7 de setembro
Narón, 22 de xuño de 2022. A Biblioteca municipal de Narón comezará a funcionar co horario de verán a partir de mañá e ata o 7 de setembro. As instalacións da sala de adultos/as abrirán as súas portas durante as mañás dos martes, mércores, xoves e venres de 9.00 a 14.00 horas e as tardes dos luns e mércores de 18.00 a 21.00, tal e como apuntou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo.
No caso da sala infantil e a bebeteca, abrirán as mañás de martes a venres entre as 10.00 e as 13.00 horas e as tardes dos luns e mércores de 18.00 a 19.00 horas.
Así mesmo, a edil indicou que os servizos de atención ao público que se prestan nas citadas instalacións –préstamos, devolucións, consultas, altas de socios, renovación de carnés, etc.- e a sala de informática deixarán de estar operativos quince minutos antes da hora de peche da Biblioteca, pechando ás 13.45 e ás 20.45 horas. Taibo recordou que para realizar devolucións fóra dese horario pódese usar a caixa que se atopa na porta principal da sala de adultos/as.
No caso da Biblioteca da Gándara, ubicada na Casa da Mocidade, o horario de apertura dende mañá ata o 7 de setembro será os luns de 10.30 a 13.30 e o mércores e xoves de 18.00 a 21.00 horas, tal e como indicou. Así mesmo, na Ludoteca municipal da Solaina, con todas as prazas cubertas, o horario de verán será de 10.00 a 13.00 horas tamén a partir de mañá.
Neste último caso, as persoas interesadas en contactar por se houbese vacantes poden contactar co centro chamando ao número de teléfono 981 389 284.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal