Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE "OPERADOR/A DE CARRETILLAS E PLATAFORMAS ELEVADORAS PEMP" CON CERTIFICACIÓN UNE
A edil de Formación, Natalia Hermida, recordou que esta acción formativa se dirixe a persoas desempregadas de Narón e maiores de 18 anos
Narón, 23 de xuño de 2022. A concellería de Formación, dirixida pola edil Natalia Hermida, convoca un curso de Operador/a de carretillas e plataformas elevadoras-PEMP con certificación UNE. A convocatoria forma parte do Programa Municipal de Formación do Concello e diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón, que non teñan concedido outro curso do programa municipal de formación coincidente temporalmente na realización A concelleira avanzou que se convocan un total de tres edicións, con 10 prazas en cada unha delas e explicou que as inscricións se poderán tramitar ata o 4 de xullo ás 13.00 horas. As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, a través da Sede Electrónica de Narón ou polos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Cada curso consta dun total de 61 horas (35 de certificación e 26 de módulos adicionais) e impartiranse nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. As datas previstas de celebración son: do 11 ao 28 de xullo (primeira edición); do 1 ao 18 de agosto (segunda) e do 22 de agosto ao 7 de setembro (terceira), en todos os casos de luns a venres entre as 9.00 e as 14.00 horas. Operador/a de carretilla elevadora UNE 58451, operador/a plataformas elevadoras móbiles de persoal (PEMP) UNE 58923, Prevención de Riscos Laborais sector naval e Medio Ambiente sector naval, módulos transversais de orientación laboral e busca de emprego e de igualdade de xénero, dúas charlas e dúas visitas forman parte do contido destas accións formativas. O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición e o listado provisional de admitidos, suplentes e excluídos publicarase na Sede Electrónica do Concello de Narón. O alumnado seleccionado será informado telefónicamente da súa admisión, para a confirmación da plaza e terá que comprometerse a cumprir as normas do curso, incluída a normativa en materia de seguridade e hixiene. Para recibir máis información pódese consultar a páxina web do Concello –apartado de Formación-, a Sede Electrónica, ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal no teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal