Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CORPORACION MUNICIPAL PROMOCIONA O CAMIÑO DE SANTIAGO PERCORRENDO O TRAMO QUE DISCORRE POR NARÓN
O Camiño Inglés cruza os paseos marítimos de A Gándara e Xuvia.
Narón, 26 de Abril de 2010.- Representantes da Corporación Municipal de Narón, encabezados polo Alcalde, Jose Manuel Blanco, percorreron hoxe o tramo do Camiño Inglés que discorre por este municipio, ata chegar á ponte que conecta Narón con Neda (aproximadamente 7 kilómetros). A comitiva reivindicou así o valor do Camiño de Santiago especialmente este ano que é Xacobeo. Entre os participantes tamén estaban membros da asociacións de veciños Chafarís. O rexedor tomou así o relevo do Alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, quen fixo o percorrido dende a cidade departamental ata chegar ó polígono de A Gándara, límite entre ambos municipios. A comitiva naronesa partíu entón, promocionando así esta iniciativa organizada polo Consorcio do Camiño Inglés, ata o albergue de peregrinos de Neda onde déronse cita coa Corporación Municipal do concello veciño. O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, declarou que “esta é unha boa mañeira de promocionar o Camiño de Santiago e reivindicar a súa conservación. A ver se entre tódolos concellos polos que discorre este camiño logramos a súa conservación dado que o deterioro ambiental é importante”, suliñou. O rexedor engadíu que é preciso a colaboración institucional entre as administracións para a súa recuperación, e de feito dende o Concello de Narón tense encargadas unhas memorias para levar a cabo un proxecto de unión dos paseos de A Gándara e Xuvia, que forman parte do tramo naronés do Camiño Inglés. A peregrinación organizada polo Consorcio do Camiño Inglés conta con dúas modalidades: contínua –con pernocta no camiño- e discontínua –os fins de semana-. A primeira delas contempla unha peregrinaxe de 5 días (dende hoxe ata o dia 30) nos que se realizarán os 116 kilómetros que separan Ferrol de Compostela.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal