Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CURSO DE XARDINERIA ECOLÓXICA E AUTÓCTONA EN ALDEA NOVA
As inscripcións poden formalizarse no Rexistro Xeral do Concello ata o 6 de maio.
Narón, 29 de Abril de 2010.- A Concellería de Medioambiente de Narón, dirixida polo edil Manuel Ramos, ven de promover un Curso de Iniciación á Xardinería Ecolóxica e Autóctona que se desenvolverá a partires do 7 de maio no parque temático de desenvolvemento rural Aldea Nova, en Sedes. Os interesados poderán formalizar a matrícula no Rexistro Xeral do Concello, en horario de mañá. O prezo é de 11,45 euros, e a duración do curso será de 30 horas. Existe un número limitado de prazas, fixado en 25, tendo preferencia os veciños/as de Narón. O horario deste curso será inicialmente de 16 a 21 horas, pero está suxeito a posibles cambios en función da disponibilidade que teñan os participantes. En calqueira caso, as clases serán os fines de semana. Estará impartido por expertos docentes e técnicos de medioambiente, e os contidos serán os seguintes: o xardín como parte integral na humanización das vivendas, o ambientalismo –dende o xardín exótico ao xardín ambiental, elementos vexetais e preparación dos solos, e o xardín como referente de descanso e relaxación.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal