Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA DO CPI DE O FEAL ACOLLE UNHA EXPOSICION SOBRE O EXIPTO DOS FARAÓNS
O Alcalde entregou hoxe os diplomas ós escolares que participaron nesta actividade
Narón, 10 de Maio de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Ensino, Mª del Carmen Espada, visitaron hoxe a Biblioteca do Colexio Público Integrado (CPI) de O Feal, reconvertida nun lugar adicado ó Exipto dos Faraóns. Esta transformación foi realizada por alumnos/as e mestres de Educación Infantil e Primaria do centro, para darlles a coñecer esta cultura e fomentar o gusto pola lectura, non coma algo imposto senón coma unha actividade lúdica. A través desta actividade, os escolares ampliaron o seu vocabulario con palabras relacionadas co Antigo Exipto e descubriron un novo xeito de escritura baseada en símbolos (os xeroglíficos). O fixeron mediante unha exposición temática sobre o Antigo Exipto, composta por unha maqueta onde se representan os principais monumentos desta cultura xunto co río Nilo. Tamén se colocaron paneis temáticos e seleccionáronse libros sobre este tema. Todo isto completouse coa construcción dun friso exipcio formado coas fotografías das caras dos propios alumnos/as disfrazados de exipcios, que decora os corredores do centro. Todo este traballo fíxose durante os últimos seis meses, e completouse coa realización de figuras de plastilina por parte dos alumnos/as de Educación Infantil, representando personaxes do Antigo Exipto. Tamén se confeccionaron traxes exipcios cos que se celebrou este ano o Entroido, facendo unha gran festa exipcia no CPI que incluíu a degustación de comida exipcia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal