Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E ALCER COLABORAN NA PROMOCIÓN DA DOAZÓN DE ÓRGANOS
Narón incluirá a promoción da doazón de órganos nos espectáculos culturais do Pazo da Cultura no outono.
Narón, 2 de Xuño de 2010.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e o presidente da Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril (ALCER) en A Coruña, Rafael Rodríguez, ofreceron hoxe unha rolda de prensa coincidindo coa celebración do Día do Doante de Organos. Durante a comparecencia pública, anunciaron a colaboración entre ambas entidades para a promoción da doazón de órganos en Narón. Así, ALCER desenvolverá unha campaña informativa a finais do mes de outubro e principios de novembro dirixida ós espectadores da programación cultural que se desenvolve no Pazo da Cultura durante o outono. Repartiranse trípticos informando sobre a doazón de órganos, e instalarase unha mesa informativa no Hall do Auditorio da avenida de Holanda. Ademáis, durante a mañá de hoxe ALCER instalou unha mesa informativa na entrada principal do Concello, para promocionar a doazón e o transplante de órganos entre os naroneses.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal