Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O 23º RALLYE DE NARÓN SE CELEBRA OS DÍAS 11, 12 E 13 DE XUÑO COA PARTICIPACIÓN DE 131 PILOTOS
O Alcalde de Narón pide ós espectadores que cumplan as medidas de seguridade establecidas pola organización.
Narón, 3 de Xuño de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, fixo hoxe un chamamento público ós espectadores do 23º Rallye de Narón que se celebrará os días 11, 12 e 13 de xuño coa participación de 131 pilotos. “Queremos que veña moito público pero tamén que se cumplan as recomendacións e medidas de seguridade da organización, para non ter que lamentar accidentes”, declarou. Para que todo discurra con normalidade, un equipo formado por 212 persoas encargaranse do operativo. A 23ª edición do Rallye de Narón discurrirá polos municipios de Cerdido, Moeche, San Sadurniño, As Somozas, A Capela e Narón cun total de 371,300 kilómetros. 90 deles corresponden a 8 tramos cronometrados por estradas asfaltadas pechadas ó tráfico. Pola súa banda, a Concelleira de Deportes agradeceu o esforzo que está a facer o Sirocco Team Narón, organizador deste evento, ó que tamén felicitou o Alcalde por ter organizado esta proba durante 23 anos consecutivos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal