Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E TEIMA CONTINÚAN OFRECENDO FORMACIÓN LABORAL A PERSOAS CON SINDROME DE DOWN
A cuarta persoa usuaria de Teima traballa no Concello de Narón dende esta semana.
Narón, 7 de Xuño de 2010.- O Concello de Narón e a asociación Teima Down Ferrolterra continúan co seu convenio de colaboración, que permite ofrecer prácticas laborais ós usuarios/as desta entidade. Dende a firma do acordo ata hoxe, pasaron polas dependencias municipais un total de tres persoas e a partires do día 9 de xuño incorporarase unha nova persoa no marco deste convenio. A beneficiaria é Marta Fernández Lage, quen iniciará o seu percorrido laboral na 6ª pranta do Concello, no departamento de Urbanismo. Alí recibirá formación durante seis meses, a metade do tempo total establecido no convenio con Teima. Os outros seis discurrirán para Marta Fernández noutras dependencias municipais aínda por concretar. Para facilitarlle o seu labor profesional, Marta contará co apoio dun preparador laboral durante o tempo que o precise. A presidenta de Teima, Patricia Serantes, asegurou que ese período será breve xa que Marta conta con experiencia profesional previa, adquirida no seu traballo nas empresas Unicen e Mc Donald’s. A Concelleira de Formación Laboral de Narón, Paloma González Cuevas, explicou que o obxectivo desta colaboración entre o Concello e Teima é “lograr que unha vez que os usuarios rematan o período de formación laboral, poidan acceder a un emprego no futuro. As administracións públicas somos as que temos que dar exemplo con esta accións e apoiando a colectivos que poden ter máis dificultades, e nese camiño seguiremos”, declarou a edila. O reponsable de Persoal, Jose Luis Suárez, aproveitou a ocasión para dar a benvida ó Concello a Marta Fernández, asegurándolle que íase atopar coma na súa casa, xa que Narón é un concello moi acolledor. Finalmente, a presidenta de Teima agradeceu ó Concello de Narón o seu apoio ó colectivo de persoas con síndrome de down “porque é o primeiro concello da comarca de Ferrolterra que ten apostado por nos”, declarou Patricia Serantes.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal