Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PARROQUIA DO VAL ACOLLEU A 13ª EDICIÓN DAS LENDAS DA PENA MOLEXA
o Castro de Vilasuso foi o escenario elexido para a representación das lendas.
Narón, 21 de Xuño de 2010.-O Castro de Vilasuso (O Val) acolleu o pasado sábado dia 19 a XIII edición das Lendas da Pena Molexa. Neste lugar gárdanse na memoria viva dos veciños unha serie de lendas de orixe indoeuropeo, que trasmítense por vía oral e que narran a historia dunha Pena ou rocha que se converte en fada ou doncella –segundo as distintas versións da lenda- na noite solsticial do verán, e a das Penas que se convirten en guerreiras/os co seu señor do Castro de Vilasuso, na mesma noite. Todas elas foron representadas polos veciños desta parroquia na noite do día 19 de xuño, contando coa participación aproximada de 1.500 persoas. O programa das Lendas da Pena Molexa ten como obxectivo conquerir a participación veciñal neste evento, a través da súa organización e deseño. Así, a Asociación de Veciños “Os Irmandiños” do Val, a Asociación de Mulleres Zarabanda e a Cooperativa do Val traballaron xunto co Padroado de Cultura para desenvolver o seguinte programa de actos na tarde-noite do día 19 de xuño: -18:00 horas.- Xogos populares e deporte rural. -20:00 horas.- Churrascada popular (haberá que pagar un prezo simbólico). -22:00 horas.- Concerto de música popular a cargo do grupo “A Roda”. -00:00 horas.- Lenda da Fada da Pena Molexa. -00:30 horas.- Lumeirada e repichoca popular. O programa das Lendas da Pena Molexa está promovido polo Padroado de Cultura do Concello de Narón, que colabora cunha achega de 18.000 euros. O Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo destacou a participación das entidades veciñais neste evento, e convidou a tódala cidadanía a achegarse ata a parroquia valexa para disfrutar desta noite máxica. Pola súa banda, a secretaria da asociación de mulleres Zarabanda, Lucía García, e o presidente da AVV do Val, Marcelino Montero, agradeceron ó Concello a súa colaboración, e tamén ós propietarios dos terreos onde se levan a cabo as representacións das lendas, que os ceden desinteresadamente para celebrar os actos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal