Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
DESEÑADA UNHA PÁXINA WEB PARA FACER RUTAS EN BICICLETA POR NARÓN
Está dispoñible dentro da páxina de Turismo, www.turnaron.es. Os usuarios poden descargar as cinco rutas propostas.
Narón, 30 de Xullo de 2010.- O Concelleiro de Turismo de Narón, Jose Luis Suárez, presentou hoxe en rolda de prensa o proxecto “Rutas en bici por Narón”, deseñado e creado polo equipo de Educación Vial do Concello (formado polo Policía Local Pedro Caneiro, e o técnico de INEF Simón Cabarcos). Trátase dun novo espazo web, que está incluído na web oficial de Turismo, www.turnaron.es Entrando nesta páxina, aparece un menú superior no que ó seleccionar a opción “Visitar” aparece o programa de Rutas en bici por Narón. Trátase dunha iniciativa que permite coñecer Narón dunha forma diferente, e disfrutar do ocio, os paisaxes, a natureza e a historia do municipio. Ademáis, se ofrece ós usuarios unha variedade de contidos como trípticos, un visualizador de rutas, vídeos e arquivos para descargar no GPS ou en Google Earth. “Narón en bici” propón cinco rutas diferentes para realizar, dependendo da idade de cada persoa e da dificultade que se busque. A ruta 1 discurre pola ribeira de Xuvia, a ruta 2 vai pola orilla do río Xuvia, a ruta 3 polo Camiño de San Andrés de Teixido, a ruta 4 polos Camiños Milenarios do Val, e a ruta 5 polos carrís bici de Narón. Tanto a ruta 1 coma a 5 están aconselladas tanto para nenos/as coma para maiores que busquen disfrutar o paseo, sen ter que realizar moitos esforzos coa bicicleta. As outras tres teñen un grado de dificultade algo maior.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal