Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
INAUGURADO O NOVO EDIFICIO SOCIAL MULTIUSOS DE O ALTO DO CASTIÑEIRO
Albergará as actividades da Asociación de Veciños e do Círculo de Xadréz de Narón.
Narón, 28 de Setembro de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, presidíu hoxe o acto de inauguración do novo Edificio Social Multiusos situado en San Xosé Obreiro, na parroquia de O Alto. Trátase dun local municipal que antiguamente acolleu a Escola Unitaria de Domirón, e foi desafectada pola Consellería de Educación en xaneiro de 2008. A partires dese momento, o Concello iniciou un ambicioso proxecto de reforma deste espazo, asentado sobre unha parcela de 2.600 metros cadrados. O novo edificio foi construido no prazo de dous anos, e financiado con cargo ó Fondo de Investimento Local (Plan E), cun orzamento de 654.000 euros. O Concello de Narón e a Diputación de A Coruña aportaron os cartos restantes ata superar os 700.000 euros de inversión. As obras en cuestión consistiron na construcción dun edificio de dous plantas cunha superficie de 370 m2 por planta. Na pranta baixa atópase o hall, un salón de actos de 146 m2, unha recepción, barbacoa exterior, e vestiarios para os equipos que xoguen na pista deportiva da parte traseira do edificio. Na pranta alta están os locais que empregarán a AVV do Alto e o Círculo de Xadrez Narón, principais destinatarios destas instalacións

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal