Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA DESEMPREGADOS DE NARÓN
Os interesados poden presentar as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello ata o vindeiro 16 de outubro.
Narón, 4 de Outubro de 2010.- O Concello de Narón abríu hoxe o prazo de presentación de solicitudes para participar no programa de formación “Camiño de Emprego”. Trátase dunha serie de cursos (9 en total) dirixidos a persoas desempregadas que estean empadroadas no Concello de Narón. As instancias poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 8:30 a 13:30 horas, ata o día 16 de outubro. As persoas interesadas deberán presentar a seguinte documentación: solicitude oficial (entrégase no Rexistro), unha fotocopia do DNI, a tarxeta de demandante de emprego, e o currículum vitae académico, de formación profesional e de experiencia laboral. Posteriormente deberán asistir á entrevista e/ou proba de selección na data sinalada no Centro Municipal de Formación de A Gándara. A relación de cursos ofertados é a seguinte: -Curso básico de construccións metálicas (12 prazas) -Curso básico de limpeza de edificios comerciais e industriais (12 prazas). -Curso básico de electricista de edificios (12 prazas) -Curso básico de hostalería (12 prazas) -Curso básico de televenda (12 prazas) -Iniciación á carpintería xeral (12 prazas) -Curso básico de prevención de riscos laborais (25 prazas) -Curso básico de primeiros auxilios (25 prazas) -Curso básico de manipulador de alimentos (25 prazas) Para obter máis información sobre os contidos dos cursos, as persoas interesadas poden chamar ó teléfono do Concello 981 337 700 ext. 1106 e 1107. CURSOS DE INICIACIÓN E PERFECCIONAMENTO DE INTERNET O Concello de Narón convoca tamén unha nova edición dos cursos “Narón dixital” a través dos cales se ofrece formación en novas tecnoloxías (informática básica e Internet) a tódolos cidadáns e cidadás que o desexen. Así, os interesados deberán presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello ata o vindeiro 16 de outubro. Os requisitos para poder participar son ter máis de 18 anos de idade e estar empadroado en Narón. O Concello adxudicará as prazas por riguroso orde de inscripción. Está prevista a celebración de dous cursos diferenciados: -Curso básico de alfabetización dixital (10 prazas) -Curso de perfeccionamento “Avanza dixital” (10 prazas) Os cursos se desenvolverán nos Centros Cívicos Municipais (situados en A Gándara, A Solaina, Alto do Castiñeiro, Piñeiros, O Couto, Xuvia, Doso, Pedroso, Sedes, San Xiao, Castro, O Val, e San Mateo)

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal