Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NOVA ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DE PATINAXE ARTÍSTICA
As clases se desenvolven os martes e xoves no Pavillón de Piñeiros, dirixidas a nen@s a partires de 5 anos de idade.
Narón, 3 de Novembro de 2010.- O Padroado de Deportes do Concello de Narón mantén aberto o prazo de inscripción para a nova Escola de Patinaxe Artística, de recente creación. A Escola terá unha periodicidade anual, e as clases se celebrarán os martes e xoves de 18 a 19 horas, ata o vindeiro 30 de xuño de 2011. O lugar elexido para ensinar ós nenos e nenas tódalas técnicas da patinaxe artística é o Pavillón Polideportivo de Piñeiros, situado na Estrada de Castela, ó carón do CEIP deste barrio. Os interesados en inscribirse nesta actividade poderán formalizar a matrícula nas oficinas do Complexo Polideportivo da Gándara, en horario de mañá, ou chamando ó teléfono 981 387 522. A idade mínima para participar na Escola de Patinaxe Artística é de 5 anos. A Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, valorou moi positivamente a posta en marcha desta nova escola deportiva, dado o interese mostrado na cidade pola práctica desta actividade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal