As clases se desenvolven os martes e xoves no Pavillón de Piñeiros, dirixidas a nen@s a partires de 5 anos de idade.
Narón, 3 de Novembro de 2010.- O Padroado de Deportes do Concello de Narón mantén aberto o prazo de inscripción para a nova Escola de Patinaxe Artística, de recente creación. A Escola terá unha periodicidade anual, e as clases se celebrarán os martes e xoves de 18 a 19 horas, ata o vindeiro 30 de xuño de 2011.
O lugar elexido para ensinar ós nenos e nenas tódalas técnicas da patinaxe artística é o Pavillón Polideportivo de Piñeiros, situado na Estrada de Castela, ó carón do CEIP deste barrio.
Os interesados en inscribirse nesta actividade poderán formalizar a matrícula nas oficinas do Complexo Polideportivo da Gándara, en horario de mañá, ou chamando ó teléfono 981 387 522. A idade mínima para participar na Escola de Patinaxe Artística é de 5 anos.
A Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, valorou moi positivamente a posta en marcha desta nova escola deportiva, dado o interese mostrado na cidade pola práctica desta actividade.