Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A WEB DA CONCELLERÍA DE MOCIDADE GANA DOUS GALARDÓNS INNOVA-G DA ASOCIACIÓN GALEGA DE EMPRESAS TIC
Narón, 16 de Outubro de 2010.- A web da Concellería de Mocidade de Narón (www.dameuntoke.eu) acaba de ser galardoada con dous premios da Asociación Galega de Empresas TIC (Agestic), quen premiou o primeira vez a diferentes pemes galegas polo seu esforzo innovador e o seu posicionamento na web e nas redes sociais. A web da Concellería de Mocidade recibíu dous galardóns nas categorías de Mellor desenvolvemento centrado nos cidadáns, e Mellor deseño para todos. A responsable desta delegación, Natalia Hermida, declarou ó respecto que estos galardóns “veñen a respaldar o traballo e o esforzo da Concellería de Mocidade na súa labor de comunicación e contacto coa xuventude de Narón. E tamén é un recoñecemento á labor do Concello, o cal é sempre gratificante e anímanos a seguir nesta liña de traballo”, declarou a Concelleira de Mocidade. A web dameuntoke –que tamén está presente nas redes sociais de Facebook, Twitter, Youtube e Tuenti- foi creada e dinamizada pola empresa Sdweb –Solucións Dixitais S.L.- e destaca polo bo uso da Internet. Actualmente, conta cunha comunidade de aproximadamente 2.000 usuarios que diariamente son informados sobre temas relacionados coa mocidade coma o deporte, o medioambiente, a saúde, a educación, o traballo ou o ocio. A Concelleira de Mocidade, Natalia Hermida, expresou tamén a súa satisfacción por ter apostado por unha empresa 100% galega e cun equipo humán que destaca pola sua xuventude, que se encarga dos contenidos da mesma. Os galardóns foron recibidos polo xerente de Sdweb, Brais Martínez, quen destacou o interese do Concello de Narón por crear unha aplicación web que realmente servise de canle de comunicación coa xuventude naronesa. “dameuntoke é un proxecto vivo que seguirá a crecer nos vindeiros meses con novas funcionalidades e propostas. O que lle dá un aire innovador ó proxecto é o contacto directo coa mocidade, que nos permite adaptarnos continuamente e ofrecer novas propostas”, concluíu Martínez. A entrega de premios celebrouse o pasado xoves 14 de outubro en Santiago de Compostela, nun acto organizado por Agestic e que estivo marcado por unha felicitación unánime ás compañías recoñecidas, que destacaron entre mías dun centenar de candidaturas. Para máis información, podedes consultar a web de referencia dos premios: http://www.premiosinnovag.org/

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal