Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A MANCOMUNIDADE, O CONCELLO E ADEGA REPARTEN OS ENVASES PARA O FOMENTO DA AUTOCOMPOSTAXE CASEIRA
Entregáronse 24 envases para reciclar resíduos orgánicos e convertilos en abono.
Narón, 2 de Novembro de 2010.- O Concello de Narón, a Mancomunidade de Municipios da Ría e a asociación ecoloxista ADEGA promoven un proxecto comarcal de fomento da autocompostaxe, co obxectivo de contribuir á conservación do medioambiente. Trátase dunha iniciativa da Mancomunidade de Municipios da Ría de Ferrol, que consiste na educación ambiental de compostaxe caseira. Con esta práctica, conseguirase “por un lado aforrar enerxía e por outro reducir o transporte de resíduos, aproveitando os beneficios da reciclaxe”, sinalou o Concelleiro de Medio Ambiente de Narón, Manuel Ramos. Neste programa de compostaxe caseiro participarán 24 familias que o pasado xoves 29 de outubro recibiron os envases nos que realizarán o abono, e as instruccións para conseguir unha compostaxe de calidade, por parte dunha técnica de ADEGA. Os seleccionados deben dispor dunha horta ou xardín para instalar o envase de compostaxe (chamado “composteiro”), e darlle un uso axeitado. O programa terá unha duración aproximada de 7 meses, que é o tempo que se tarda en obter o compost a partir de resíduos orgánicos. “Queremos sensibilizar á xente que vive no entorno rural do importante e do sinxelo que é a compostaxe, que sirve para transformar os resíduos orgánicos do fogar nun abono de calidade” sinalou o Concelleiro de Medio Ambiente. O programa de compostaxe ofrece ós participantes un composteiro cunha capacidade de 400 litros –gratuito-, un manual de compostaxe, e o asesoramento técnico continuado por parte dunha educadora ambiental de ADEGA. Para lograr o abono, poden reciclarse todo tipo de resíduos orgánicos (restos de comida, da horta ou do xardín). Ó finalizar o programa, o participante se considerará formado para xestionar os resíduos orgánicos do seu fogar, e continuar co uso do composteiro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal