Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INSTA Á XUNTA A MANTER O SERVIZO DE NOITEBÚS EN BASE Á ELEVADA CIFRA DE USUARIOS
A liña Ferrol-Neda rexistra unha media de 194 pasaxeiros nas noites dos sábados.
Narón, 30 de Outubro de 2010.- A Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida Rico, instou hoxe publicamente á Xunta de Galicia a manter o servizo do Noitebús correspondente á liña Porto-Neda, que da servizo ós concellos de Ferrol, Narón e Neda. Segundo explicou a edil, no que vai de ano un total de 8.149 usuarios utilizaron xa esta liña de autobús nocturno, o que supón unha media de 194 viaxeiros por noite, e constata un incremento no número de usuarios respecto a anos anteriores. As cifras son tamén abultadas no ano 2009, no que a empresa Tranvías de Ferrol realizou 55 servizos –nas noites dos sábados- que transportaron a 9.129 usuarios de pago, rexistrándose unha media de 166 usuarios por noite. Estas cifras multiplícanse como mínimo por 2, xa que os viaxeiros realizan un único pago de 2,50 euros por viaxar tódala noite sen volver a abonar máis billetes. O servizo de Noitebús entre o Porto de Ferrol e Neda conta cunha subvención da Xunta de Galicia de aproximadamente 25.000 euros anuais, que o goberno galego pretende suprimir de cara ó ano 2011. Para garantizar a rentabilidade do servizo, a empresa concesionaria non tería máis remedio que incrementar no doble o prezo do billete, facéndoo practicamente inasequible para a mocidade, principais usuarios do Noitebús, que tamén ofrece servizo ós usuarios habituais do transporte público. Neste sentido, Natalia Hermida criticou o feito de que a Xunta de Galicia queira deixar sen medio de transporte público nocturno a esta comarca, especialmente a Narón onde se concentra unha parte importante da movida nocturna. “ O municipio de Narón, dada a súa extensión, ten unhas características especiais coma a dispersión xeográfica da poboación. Esto supón que a maioría da xente precisa dun medio de transporte para desprazarse, e o autobús é o único asequible para tódalas persoas”, salientou a Concelleira de Mocidade. A edil lembrou o acordo plenario refrendado onte pola Corporación Municipal de Narón no Pleno ordinario, cos votos a favor do BNG –quen presentou a moción-, TEGA e PSOE, e o voto en contra do PP. A moción insta á Xunta de Galicia a asegurar a financiación para manter o servizo de Noitebús, sen reducir as rutas, e mellorando a súa dotación e funcionamento. Ademáis, Natalia Hermida explicou que este servizo “está reducindo os índices de siniestralidade na estrada nos fines de semana, e para mantelo a Xunta de Galicia tan só debe aportar o 0,5% do orzamento da Consellería de Medio Ambiente, unha inversión totalmente asumible para unha administración galega xa que estamos a falar de pouco maís de 25.000 euros anuais no caso da liña Porto-Neda”. Finalmente, a Concelleira de Mocidade apuntou que a liña de autobús que conecta Narón con Ferrol e Neda e unha das tres que máis pasaxeiros rexistrou na comunidade galega, un motivo máis para ter en conta esta demanda.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal