Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARON ACOLLERA O III CONGRESO INTERNACIONAL DE ESTUDOS CELTICOS
Tera lugar en abril de 2011 no Pazo da Cultura, coa participacion de historiadores de renombre europeo.
Narón, 8 de Novembro de 2010.- O Alcalde de Naron, Jose Manuel Blanco, e o Presidente do Instituto Galego de Estudos Celticos, Heitor Rodal, asinaron hoxe un convenio de colaboracion para a realizacion do III Congreso Internacional de Estudos Celticos, que tera lugar os dias 15, 16 e 17 de abril de 2011 en Naron. Tratase da primeira vez que o congreso se celebra nesta cidade xa que nas duas edicions anteriores foi realizado no CIS de A Cabana (Ferrol). O escenario elexido para esta 3ª edicion e o Pazo da Cultura de Naron. O Alcalde de Naron destacou a importancia de trasladar a sociedade a historia dos nosos ancestros, fomentando o coñecemento dos estudos celticos de Galicia e divulgando e investigando sobre o celtismo. En base a estas premisas, o Concello e o Instituto Galego de Estudios Celticos comprometeronse a realizar este III Congreso de carácter internacional, no que participaran 31 conferenciantes. O perfil dos mesmos e multidisciplinar, xa que entre os encargados de impartilo habera arqueologos, historiadores, escritores e mesmo xenetistas. A conferencia inaugural sera ofrecida por Angel Carracedo, director do departamento de Mediciña Forense da Universidade de Santiago de Compostela. O Concello de Naron colabora mediante unha achega economica e cedendo as instalacions do Pazo da Cultura para a celebracion do Congreso, no que poderan participar ata un maximo de 900 persoas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal