Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE ASINA SEIS CONVENIOS DE COLABORACIÓN CON ENTIDADES SOCIAIS, DE FORMACIÓN LABORAL E DE ENSINO
Trátase do Centro Social San Xosé Obreiro, AFAL, ALMAT, Asociación Nuestra Señora de Chamorro, Briante, e o CRA de Narón.
Narón, 11 de Novembro de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, asinou hoxe seis convenios de colaboración con entidades que desenvolven o seu labor no termo municipal de Narón. En concreto, firmáronse catro convenios en materia de servizos sociais (co Centro de Promoción Social San Xosé Obreiro, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer –AFAL-, a Asociación de Loita contra os Malos Tratos –ALMAT- e a Asociación Nuestra Señora de Chamorro), un convenio en materia de formación laboral (coa Asociación de Economía Social Briante), e outro en materia de ensino (co Colexio Rural Agrupado –CRA-). O Concello achegará un total de 15.400€ a estas seis entidades, ademáis de por ó seu servizo o asesoramento do Servizo Sociocomunitario Municipal. O Alcalde de Narón agradeceu publicamente o traballo realizado por estas entidades e agardou poder manter a colaboración no ano 2011, a pesares das dificultades económicas derivadas da crisis e da conxelación das taxas e impostos, o que repercutirá tamén na reducción dos ingresos municipais. Non obstante, Jose Manuel Blanco lembrou que o Concello ten máis de 70 convenios con entidades, que representan máis de 1.400.000 euros en subvencións, ademáis doutros 500.000 euros destinados a programas de asociacións de veciños. “Tendo un orzamento de 27 millóns de euros, adicar máis de dous millóns a asociacións e entidades é un esforzo moi importante que probablemente non poderemos manter”, sinalou o Alcalde, ó tempo que recordou que as axudas á infancia, servizos sociais e terceira idade non se reducirán “senón máis ben ó contrario, en moitos casos as incrementaremos”, comentou. Relación de entidades que firmaron hoxe os convenios co Concello: SERVIZOS SOCIAIS: Centro de Promocion Social San Xose Obreiro (acudíu Angel Galdo Soto, representante do Centro) Obxectivos: colaboración en materia de Atencion ás persoas maiores. Achegas municipais: unha achega económica de 1.500 euros e asesoramento técnico do Servizo Sociocomunitario Municipal. Achegas da asociación: cederá as infraestructuras e locais do Centro de Promocion Social San Xose Obreiro para a realización de actividades municipais. Asociacion de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas – AFAL (Milagros Prieto Gondell, presidenta de AFAL) Obxectivos: realización de diversos programas relacionados co Alzheimer, con atención a colectivos específicos ou de carácter informativo, e interese xeral. En concreto, o convenio inclúe a cobertura dun mínimo dunha praza nun Centro de Dia a xornada completa, ou duas prazas a media xornada. Tamén atención ás familias, cursos de formación para a poboacion de Narón, e actividades de divulgación e información. Achegas do Concello: unha achega económica de 6.000€ (que serán aboados en dous prazos), e o asesoramento técnico do Servizo Sociocomunitario Municipal. Achegas de AFAL: infraestructuras e locais de AFAL Ferrolterra, e persoal. Asociacion de Loita contra os Malos Tratos (ALMAT) (Carmen Lopez Diaz, representante de ALMAT) Obxectivos: programa de atención e apoio ás mulleres víctimas da violencia doméstica ou maltrato de calquera índole. En concreto, desenvolveranse programas de asistencia psicolóxica e xurídica, acompañamento das victimas en xestións, e localización e tramitación da Casa de Acollida. Achegas municipais: unha achega de 1.500€ (aboados en 2 prazos) e asesoramento técnico do Servizo Sociocomunitario Muncipal. Achegas de ALMAT: infraestructuras e locais. Asociación Nuestra Señora de Chamorro (José Manuel Rodríguez Ameneiro, presidente da asociación) Obxectivos: realización de diversos programas de atención ós discapacitados. En concreto, programas de carácter ocupacional, programas de ocio e tempo libre, e colaboración e apoio nos programas municipais para discapacitados físicos e/ou físicos. Achegas municipais: unha achega de 1.500€ (abonados en dous prazos) e o asesoramento técnico do Servizo Sociocomunitario Municipal. Achegas da asociación: persoal cualificado para o desenvolvemento dos programas e servizos conveniados, infraestruturas e locais da asociación e asesoramento técnico ó Concello na materia do convenio. FORMACION LABORAL: Asociacion de Economia Social Briante (Manuel Rivera Iglesias, representante da asociación) Obxectivos: programas de orientación laboral e apoio ao pequeño comercio Achegas municipais: unha achega económica de 3.000€ (que se abonaran en 2 prazos), e asesoramento técnico do Servizo Comunitario Municipal. Achegas da asociación Briante: cedera as infraestructuras e locais da sua asociación e o asesoramento e colaboración para o apoio a programas municipais de orientación laboral e apoio ao pequeño comercio. ENSINO: Colexio Rural Agrupado (CRA) de Naron (Mónica García Lago, xefa de estudos do CRA) Obxectivos: realización de programas de ensino incluídos no Plan de Centro do Colexio Rural Agrupado, sinaladas polo Consello Escolar. Achegas municipais: 1.900 euros (abonados en 2 prazos) e asesoramento técnico do Servizo Sociocomunitario Municipal. Achegas do CRA: infraestructuras e locais do CRA. Ademáis, na mañá de hoxe tamén firmáronse outros dous convenios de colaboración coa Asociación de Veciños “Rosa dos Ventos” de Sedes, por importe de 4.000€, e coa Asociación de Xordos de Ferrol, por 1.300€.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal