Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PARROQUIA DE DOSO RECREARÁ A XIII EDICIÓN DA ESFOLLA TRADICIONAL
Se celebra o sábado dia 13, cun amplo programa de actividades.
Narón, 11 de Novembro de 2010.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e o vocal da AVV de Doso, Fernando Rodríguez, presentaron hoxe en rolda de prensa a 13ª edición do programa de Recreación da Esfolla Tradicional de Doso, que terá lugar na tarde e noite do sábado 13 de novembro. O programa de actividades previstas para esta celebración inclúe unha exposición de bonecos de maínzo, realizada polos alumnos/as de Educación Primaria dos centros de ensino de Narón. Tamén haberá un museo vivo, adicado ó ciclo do pan no que se poderá ver dende a plantación do cereal ata o amasado do pan. O museo inclúe máis de 100 pezas de carácter etnográfico existentes nas casas dos veciños de Doso. Ademáis, por primeira vez haberá un concurso gastronómico no que os participantes deberán elaborar as suas propostas empregando coma materia prima o mainzo. Non faltarán na 13ª edición da Esfolla de Doso unha Comitiva formada por dous Carros do Maínzo que sairán ás 17:00 horas do rueiro da Cousa e do rueiro da Braña, acompañados de grupos etnográficos, para chegar ó pé da Igrexa de Doso onde serán recibidos polos bailes e a música dos grupos do Padroado de Cultura. Unha vez descargado o maínzo, os mais vellos do lugar inaugurarán a Esfolla coma unha homenaxe á laboura feita na salvagarda das nosas tradicións. Os membros dos grupos de danzas tradicionais do Padroado de Cultura protagonizarán cantigas, danzas e desafíos coa finalidade de recrear o contexto no que se desenvolvía antigamente a esfolla. Está prevista a realización de xogos populares de corte tradicional, relacionados co maínzo, así coma obradoiros de construcción de xogos e enredos a base de mazarocas, maínzo e materiais vexetais do entorno da eira. O programa complétase coa actuación musical do grupo “Berros de Castro”, de música tradicional. A Asociación de Veciños “A Naveira” de Doso convidará a tódolos asistentes a castañas e a unha chocolatada popular.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal