Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
I XORNADAS SOBRE NOVAS TECNOLOXIAS EN BIBLIOTECAS E ARQUIVOS
Se celebran no Hotel Husa Odeon, coa asistencia de profesores de distintas universidades de España.
Narón, 19 de Novembro de 2010.- O Concello de Narón e a Universidade da Coruña promoven as I Xornadas sobre Novas Tecnoloxías en bibliotecas e arquivos, que se celebrarán os días 25 e 26 de novembro no Hotel Husa Odeon, debido o aumento do numero de inscripcions, que finalmente ascenden a 42 persoas. A asistencia a estas xornadas esta recoñecida con 1 credito de libre eleccion, otorgado pola Universidade da Coruña. Desenvolveranse de xeito conxunto entre o Concello de Narón e a Universidade da Coruña, baixo a coordinación das profesoras Mª de las Nieves Peiró Graner, e Viviana Fernández Marcial, ambas da área de Biblioteconomía e Documentación da Facultade de Humanidades da UDC. O Concello de Narón financia esta iniciativa con 9.000 euros. Os destinatarios principais destas xornadas son alumnos e titulados en Biblioteconomía e Documentación, profesionais de bibliotecas, arquivos e centros de documentación de toda Galicia, e ó público en xeral que estea interesado nestos temas. Participaran profesores procedentes de outras universidades coma a Universidade de Salamanca, a Universidade de Málaga, e a Universidade de León. O programa das I Xornadas de “Novas tecnoloxías en bibliotecas e arquivos” é o seguinte: Xoves 25 de novembro de 2010 9:30-10:00 Inauguración das Xornadas a cargo de do Alcalde de Naron, Jose Manuel Blanco, e do Decano da Facultade de Humanidades, Manuel Recuero. 10:00-11:00 “Os libros na encrucillada dixital: novas formas de edición, novas formas de lectura”, por Jose Antonio Cordón (profesor titular de Biblioteconomía e Documentación da Universidade de Salamanca). 11:00-12:00 “Técnicas intelixentes de recuperación e análise da información” por Julián Dorado de la Calle (profesor titular de Informática da UDC). 12:00-12:30 Pausa-café 12:30-13:30 “Dixitalización e arquivos” por Aurelio Prol Castro (do Arquivo Histórico Universitario da Universidade de Santiago de Compostela). 13:30-14:30 “O CRAI e novos retos das bibliotecas universitarias” por Mª Isabel Casal Rey (directora da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela) 14:30 Comida 16:00-17:00 “Seguridade electrónica na xestión da información” por Marcos Gestal (profesor contratado, e doctor en Informática pola UDC) 17:00-18:00 “Accesibilidade e xestión da información” por Juan Ramón Rabuñal (profesor titular de Informática da UDC). Venres 26 de novembro de 2010 9:30-10:30 “Información estratéxica e uso de plataformas tecnoloxicas. Documentación para a ciencia e a técnica” por Rosa Freire Corzo (directora do Centro de Vixianza tecnolóxica do CIS Galicia). 10:30-11:30 “Web 2.0 e alfabetización dixital” por Carmen Gomez Camarero (profesora de Biblioteconomia e Documentacion da Universidade de Malaga). 11:30-12:00 Pausa-café 12:00-13:00 “Marketing interactivo e bibliotecas” por Viviana Fernández Marcial (profesora de Biblioteconomía e Documentación da UDC) 13:00-14:00 “Metadatos, folksonomías e taxonomías. ¿Qué hai de novo na representación e organización da información?” por Blanca Rodríguez Bravo (profesora de Biblioteconomía e Documentación da Universidade de León) 14:00 Clausura do curso a cargo da Vicerrectora de Calidade e Novas Tecnoloxias da Universidade da Coruña, Elena Sierra, e o Concelleiro de Formacion Laboral e Emprego, Jose Luis Suarez. Entrega de diplomas. Actividades complementarias: Dia 25: 18:00 horas: Ruta polo Mosteiro de O Couto. Dia 26: 16:00 horas: Ruta dos Muiños.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal