Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CELEBRACION DO 23 DE NOVEMBRO, DIA DE NARON
A Corporacion Municipal inaugura unha galeria de retratos dos ultimos alcaldes, e convida os veciños durante a tarde a unha degustacion de filloas.
Narón, 23 de Novembro de 2010.- O Alcalde de Naron, Jose Manuel Blanco, presentou hoxe os retratos dos seis ultimos alcaldes de Naron anteriores a el, e que gobernaron o municipio dende o ano 1947. A intencion do Concello de Naron e recuperar a memoria historica a traves da pintura, que neste caso foi encargada o pintor Jose Gonzalez Collado. O Salon de Plenos do Concello luce dende hoxe os cadros dos seguintes persoeiros: Juan Gato Diaz (alcalde de Naron entre o 13/12/1985 e o 21/01/2009) Antonio Martinez Aneiros (19/04/1979- 13/12/1985) Antonio Sanchez Berbis (23/12/1974- 16/04/1979) (falecido) Nemesio Quintia Luaces (27/11/1974 – 23/12/1974) (falecido) Marcial Calvo Hermida (10/09/1954 – 27/11/1974) Manuel Prado Fernandez (11/02/1942 a 14/05/1943 e 24/01/1947 a 06/09/1954) (falecido) O Concello de Naron ten encargado xa o retrato dun septimo alcalde, Bernardo Castro Rodriguez, que gobernou o municipio entre o 5/11/1936 e o 27/01/1940. O Alcalde explicou que o goberno municipal ten a intencion de “seguir recuperando a memoria de Naron, e queremos facelo dende o ano 1937 que e a data da primeira acta municipal da que temos conta”, comentou Jose Manuel Blanco. “A galeria de alcaldes supon unha plasmacion pictorica dunha realidade que quedara reflectida na memoria colectiva e tamen na das familias dos protagonistas”, concluiu o Alcalde. O rexedor aproveitou a celebracion do 23 de novembro para lembrar que “o importante de Naron son os seus veciños, porque os politicos estamos aquí para gobernar pero co empuxe e a axuda de todolos veciños deste municipio”; comentou Jose Manuel Blanco. Os actos festivos continuaran durante a tarde de hoxe na Praza de Galicia, onde se ofrecera unha degustacion gratuita de filloas feitas nunha freixoeira de Boqueixon. A maquina ten unhas dimensions de 7 metros de diametro, e ten capacidade para cociñar entre 1.000 e 1.500 filloas por hora. Un equipo formado por 5 persoas da empresa Tartas Lestedo, de Boqueixon (A Coruña) sera o encargado de cociñar e servir as viandas, en pratos de media ou unha ducia. A maquina ten capacidade para cociñar 160 filloas de cada vez, e precisanse un total de 15 bombonas de gas butano. As filloas serviranse acompañadas de auga ou viño.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal