Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INSTALA O PRIMEIRO PANEL INFORMATIVO NO BARRIO DE A SOLAINA
Nos vindeiros meses colocaranse outros catro paneis en A Gándara, O Alto, Piñeiros e Xuvia.
Narón, 27 de Novembro de 2010.- O Concello de Narón continúa impulsando o uso das novas tecnoloxías, esta vez a través da instalación de pantallas informativas de leds nas que se ofrece información útil e directa á cidadanía. O goberno municipal prevé a colocación dun total de 5 soportes destas características nos barrios de A Solaina (xa instalada e funcionando), A Gándara, O Alto, Piñeiros e Xuvia. A adquisición e instalación destas catro últimas pantallas atópase actualmente en fase de concurso. Agárdase que a inicios do ano 2011 pódanse colocar e comenzar a funcionar. A inversión global nestos cinco equipos ronda os 100.000 euros. De momento, está xa operativa a primeira pantalla informativa que ten instalado o Concello de Narón no barrio de Santa Icía, concretamente na Praza da Solaina. Este soporte ofrece nestos momentos información sobre a programación cultural do Padroado de Cultura para este fin de semana (27 e 28 de novembro no Pazo da Cultura). O Concello encargarase de actualizar periódicamente os contidos, e incorporar progresivamente tódala información que poida ser de interese para a cidadanía, tal e como explicou o Alcalde, Jose Manuel Blanco. “Queremos que esta forma de comunicación sexa o máis útil posible para os nosos veciños. Por iso, de xeito progresivo incluiremos información sobre o movemento asociativo, deportivo, cultural e calqueira otro tipo de noticias que poidan resultar de utilidade pública”, declarou o rexedor. A intención do Concello de Narón é que, unha vez estean instalados os cinco soportes, cada un deles ofreza información detallada sobre o seu barrio, ademáis de temas de interese xeral. Ofrecerase por tanto información unitaria en cada unha das pantallas, e tamén información conxunta en todas elas. As entidades ou agrupacións interesadas en difundir a súa información nestos soportes poderán acudir á Casa do Concello para achegar as súas noticias

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal