Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AVANZAN AS OBRAS DE REHABILITACION DO ANTIGO MUIÑO DE XUVIA
O Concello agarda rematar en febreiro de 2011 a primeira fase dos traballos, centrados na consolidación da estructura e rehabilitación do tellado.
Narón, 1 de Decembro de 2010.- O Concello de Narón está a realizar na actualidade un conxunto de obras de conservación do antigo Muiño de Xuvia. O orzamento de licitación desta intervención é de 198.906 euros e o prazo de execución dos traballos é de seis meses. Agárdase que en febreiro de 2011 finalice esta primeira intervención, na que se están a asegurar os elementos para primar a seguridade do inmoble. A primeira fase das obras, que se executa actualmente, consiste na limpeza –de xeito ordenado e coidadoso- do complexo, o desbroce da maleza e recuperación das posibles pezas caídas, o desmontaxe das cubertas parcialmente existentes e colocación de novas estructuras de madeira, e a consolidación dos muros exteriores –coa eliminación das pezas e materiais non orixinais, e o peche dos ocos exteriores para evitar o acceso ao interior-. Actualmente rematouse xa a rehabilitación exterior dunha parte do tellado, sustituíndo as vellas tellas por elementos novos. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, explicou que “con esta primeira actuación intentouse frear o estado de ruína e a posible caída de muros desta edificación, dado o estado de conservación no que se atopaba”, sinalou. Os materiais orixinais son pedra de cantería de grao nos vanos e esquinais, e cachote nos paramentos, de granito, cuarcita e esquitos. Leva tella do país nas cubertas, e madeira de carballo ou de castiñeiro tratado para elementos estructurais de cuberta, vigas, pontóns, correas, tablazóns, armazóns e entramados de teitumes e cumbreiras. O Concello de Narón recuperará todas aquelas pezas estruturais que permitan a súa reutilización. A compra do denominado “Complexo Fabril das Reais Fábricas da Ponte de Xuvia” por parte do Concello de Narón tivo lugar no ano 2009, despois dun longo proceso expropiatorio. O inmoble atopábase nun lamentable estado debido á súa antigüedade (data do século XVIII). Esta circunstancia fixo que o goberno municipal de Narón decidírase a actual de inmediato sobre o mesmo, realizando unha primeira intervención de urxencia e executando os traballos imprescindibles para obter a financiación necesaria para unha recuperación total do conxunto. Este complexo fabril incluía ademais do muiño cerealístico, unha fábrica de laminados e unha factoría textil situadas nas construcións adxacentes. Ten un grande interés público, tanto polo seu significado histórico coma etnográfico, polo que se lles dará unha protección integral a todo o seu conxunto.O Muiño de Xuvia suma 1.268 m2 de superficie construída.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal