Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DIPLOMAS DOS CURSOS DE FORMACIÓN PARA DESEMPREGADOS "CAMIÑO DE EMPREGO"
Realizáronse tres cursos de manipulador de alimentos, primeiros auxilios e limpeza de edificios comerciais e industriais.
Narón, 3 de Decembro de 2010.- O Concelleiro de Formación Laboral e Emprego, Jose Luis Suárez, entregou hoxe os diplomas ós participantes en tres cursos do programa municipal “Camiño de Emprego”. Os cursos foron financiados polo Concello de Narón, en colaboración coa Obra Social de Caixa Galicia. En conxunto, recibiron os seus diplomas un total de 35 alumnos/as que participaron nos seguintes cursos: -Curso básico de manipulador de alimentos (10 alumn@s) -Curso básico de primeiros auxilios (13 alumn@s) -Curso básico de limpeza de edificios comerciais e industriais (12 alumn@s) Os programas dos cursos foron os seguintes: Curso Básico de manipulador de alimentos. Duración: 10 horas. Contido: Sistemas de autocontrol basados nos principios do A.PP.CC. Perigos nos alimentos. Principais enfermidades vehiculadas polos alimentos. Factores contribuíntes na aparición de enfermidades e a súa prevención. Prácticas correctas de hixiene. Locais e instalacións. Lexislación alimentaria. Curso Básico de primeiros auxilios. (Duración: 40 horas, do 3 ao 15 de novembro). Contido: Socorrismo: Introducción. Avaliación Inicial. Autoprotección. Reanimación cardiopulmonar (RCP). Traumatismos osteoarticulares. TCE. Columna. Politraumatizado. Feridas. Contusións. Hemorraxias. Shock. Prácticas control hemorraxias. Puntos de compresión. Queimaduras. Urxencias por alteración na termorregulación. Intervención en accidentes con múltiples vítimas. Situacións de Urxencia. Parto. Prácticas de vendaxes con panos e vendas. Prácticas de Columna. Posicións de espera e transporte. Prácticas de Inmobilizacións. Prácticas de extracción do vehículo. Avaliación teórica e práctica. Curso Básico de limpeza de edificios comerciais e industriais. (Duración: 60 horas, do 4 ao 19 de novembro). Contido: Utensilios e maquinaria de limpeza. Productos de limpeza. A suciedade. Limpeza. Organización do traballo e control de resultado. Riscos laborais. Prácticas: Limpeza de cristais. Manexo e utilización maquinaria . Limpeza manual de suelos,teitos,paredes,baños e mobiliario.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal