Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DUN VEHÍCULO TODOTERREO DA POLICÍA LOCAL DE NARÓN
Trátase dun 4X4 cedido pola Xunta de Galicia para labores medioambientais.
Narón, 4 de Xaneiro de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presentou hoxe o novo vehículo da Policía Local que realizará tarefas de eido ambiental. Trátase dun todoterreo 4x4 marca Nissan Qashqai, que foi cedido pola Xunta de Galicia ó Concello de Narón no día de onte, durante un acto celebrado nas instalacións da Academia Galega de Seguridade (A Estrada). O vehículo dispón de 5 portas e 5 prazas, e o motor é un 2.0 dCi de 150 CV. versión Visia. Está dotado cun equipamento especial (cámara fotográfica, sonómetro, equipamento para toma de mostras) ademáis de tódalas prestacións que require un vehículo policial. A súa característica principal é a tracción das catro rodas, o que permitirá realizar maniobras nas zonas de difícil acceso nas que en moitas ocasión téñense que mover os policías destinados na Unidade de Medioambiente, tal e como explicou o Alcalde. José Manuel Blanco agradeceu á Xunta de Galicia a cesión deste vehículo, e explicou que foi adquirido cunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental –creado pola administración autonómica coa contribución do canon eólico, que ten coma finalidade entre outras, a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do medio ambiente-. O novo vehículo incorporarase á flota da Policía Local de Narón, composta polas seguintes unidades: 4 Motocicletas Honda CB 500 1 Citroën AX (para empregar por parte do Servizo de Informes) 1 Citroën Xsara Picasso (Patrulla) 1 Chevrolet Lacetti (Servizo de Medioambiente) 2 Toyota Auris (Patrulla) 1 Toyota Prius (Patrulla) 1 Furgón Citroën Jumpy (Atestados) 1 Furgón Toyota Hiace D4D C 95 Na actualidade, a plantilla da Policía Local de Narón está composta por 37 policías, ocupándose tres deles da Unidade de Medioambiente. Aquí realízanse traballos de inspección de vertedoiros incontrolados, control da maleza, e labores propias do cumplimento das ordenanzas forestais e de control de animais de compañía, entre outras funcións.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal