Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS CONCELLOS DE FERROL, NARÓN E VALDOVIÑO UNIRÁN AS SÚAS COSTAS MEDIANTE UNHA SENDA LITORAL
Se construirá neste ano e terá unha lonxitude de 12.350 metros, pasando polas praias de Cobas, O Val e Campelo.
Narón, 12 de Xaneiro de 2011.- Os rexedores dos concellos de Ferrol (Vicente Irisarri), Narón (José Manuel Blanco) e Valdoviño (Isabel Alvarez), presentaron hoxe en rolda de prensa o proxecto denominado “Senda Litoral da Costa Artabra. Tramo: Santa Comba-Campelo”. Trátase dunha actuación promovida por estos tres municipios, sobre unha superficie total de 12.350 metros, e que será subvencionada pola entidade Costa Noroeste, en colaboración cos concellos de Ferrol, Narón e Neda. Ademáis, a Demarcación de Costas (dependente do Ministerio de Medio Ambiente) será quen supervise o proxecto, complementándoo con novas actuacións. A intervención proxectada foi redactada pola empresa Proyfe e consiste na execución dunha senda litoral –de 3 metros de ancho- na zona comprendida entre a praia de Santa Comba (Ferrol) e a praia de Campelo (Valdoviño), pasando polo límite costeiro norte de Narón, cunha lonxitude total aproximada de 7.000 metros de costa. O seu trazado inclúe as praias naronesas de O Casal, A Hortiña e Lopesa (O Val). As obras consistirán no acondicionamento de sendas e camiños peatonais ou mixtos, seguindo os trazados existentes para permitir o percorrido lonxitudinal de peóns. Ademáis, instalaranse paneis sinalizadores (25) e interpretativos (15) nos lugares máis emblemáticos do itinerario, destacando aspectos coma a xeoloxías, fauna, flora, etnografía e toponimia. A maior parte do percorrido polo que discurre a senda corresponde a Narón, polo que será este concello quen se encargue de sacar a licitación o proxecto, cun prazo de execución de seis meses. Actualmente, os tres concellos xa teñen consignadas nos seus orzamentos do 2011 as partidas necesarias para esta intervención, que tamén foi aprobada nos plenos municipais. A senda ten unha lonxitude total de 12.350 metros, divididos da seguinte forma: Ferrol: 3.280 metros Narón: 5.805 metros Valdoviño: 3.265 metros O coste total deste proxecto é de 428.150 euros, dos cales un 59,4% será subvencionado por Costa Noroeste (215.526 €) e o resto (212.623 €) polos concellos participantes, nas seguintes cantidades: Ferrol: 56.467 € Narón: 99.950 € Valdoviño: 56.205 €
Descarga de archivos
Recreación da senda litoral dos concellos de Ferrol, Narón e Valdoviño
Tamaño:5,50 MB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal