Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PLAN TURÍSTICO DA DEPUTACIÓN INICIA EN NARÓN A SINALIZACIÓN DOS PUNTOS DE INTERÉS
Estanse a instalar sinais verticais nas que se orienta sobre a localización de lugares turísticos e establecementos de hostelería e hospedaxe.
Narón, 14 de Xaneiro de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o vicepresidente da Deputación provincial de A Coruña, Pablo Villamar, presentaron hoxe os novos paneis de sinalización turística promovidos polo Plan de Dinamización Turística de Ferrol, Eume e Ortegal da Deputación de A Coruña, e instalados no municipio de Narón. Trátase duns báculos sobre os que se colocaron diferentes sinais indicativas de lugares de interese coma hoteis ou establecementos de hostelería. Esta sinalización foi instalada recentemente nas vias principais do concello, entre elas a Estrada de Castela. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, destacou a colaboración institucional entre as administracións local e provincial, como xeito de conquerir este tipo de actuacións. “A sinalización dos puntos de interese vense a unir a outras iniciativas que xa temos en marcha coma a unión das costas de Ferrol, Narón e Valdoviño mediante unha senda litoral, para potenciar o noso turismo”, declarou o Alcalde. O Vicepresidente da Deputación de A Coruña, e máximo responsable do Plan de Dinamización Turística agradeceu ó Concello de Narón a súa disponibilidade para levar a cabo esta iniciativa. “Este Concello foi un dos primeiros en autorizar esta proposta, que se extenderá proximamente a outros concellos, cunha inversión cercana ó millón de euros en conxunto”, asegurou Pablo Villamar. Coa instalación destos elementos de sinalización, a zona comprendida entre Ferrol e Ortegal convertirase no primeiro destino turístico de toda Galicia que estará sinalizado. O presidente da Asociación de Hosteleiros de Ferrolterra, Julio Martínez, expresou tamén a demanda formulada por este colectivo dende fai tempo, de cara á sinalización dos principais recursos hosteleiros do lugar. “Facia tempo que estabamos a demandar esta iniciativa, que servirá para que a xente que nos visita estea máis orientada e teña máis información sobre os lugares que visita”, concluíu.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal