Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE A LEI DO COMERCIO INTERIOR DE GALICIA
Terá lugar na Biblioteca Municipal, o xoves 17 de febreiro, con entrada libre.
Narón, 16 de Febreiro de 2011.- O Concello de Narón ven de convocar dúas charlas informativas sobre a lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, coñecida como Lei do Comercio Interior de Galicia, aprobada recentemente pola Xunta de Galicia e publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 29 de decembro de 2010. Para coñecer polo miúdo tódolos aspectos xurídicos e técnicos da nova normativa, o Concello de Narón convocou estas sesións informativas abertas a tódolos cidadáns. A primeira delas tivo lugar o día 10 de febreiro e a segunda se celebrará o día 17 de febreiro, en horario de 20:15 a 22:15 horas nos baixos da Biblioteca Municipal (O Alto) e os encargados de impartilas serán Manuel Rey e Patricia Vilar. Estos dous profesionais están a levar a cabo en Narón o Programa de Redución de Custos e Formación de PEMES, promovido polo Concello de Narón como complemento ás accións de apoio ó comercio local. Trátase dun asesoramento a empresas e comercios locais, que se está a levar a cabo en dous fases. A primeira delas consistíu nunha charla xeral para tódolos asistentes, mentras que nunha segunda actuación ofrecéuselles polo miúdo a información e asesoramento personalizado, orientado hacia o seu negocio en particular. O prazo para participar neste programa de asesoramento continúa aberto, e os interesados no mesmo poden recabar máis información na páxina web do Concello de Narón (www.naron.es), ou ben formalizar a súa inscripción cubrindo e presentando unha instancia no Rexistro Xeral do Concello. Os inscritos na primeira fase do Programa de Redución de Custos e Formación de PEMES recibiron xa información sobre aspectos económico-xurídicos relacionados coa actividade do pequeno comercio e a pequena e mediana empresa, en concreto os seguintes temas: -Formas societarias e fiscalidade. -Finanzas e sector bancario. -Compras e relacións cos proveedores. -Recursos Humanos, facendo especial referencia ás últimas modificacións introducidas no mercado laboral pola Lei 35/2010, de 17 de setembro, de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo. -Axudas e subvencións. -Marketing. -Salvamento e reestructuración. Na segunda fase do proxecto –en vigor actualmente- abórdanse algunha destas cuestións en particular, entrando a fondo na materia elexida polos comerciantes e empresarios e reflexada nas súas solicitudes. Trátase dun asesoramento particular, que se realiza de xeito personalizado con cada un dos participantes. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, destacou a importancia deste programa no momento económico que estase a vivir na actualidade, que pode aportar elementos e ferramentas de traballo útiles para os destinatarios, neste caso os comerciantes e empresarios de Narón. “Agardo que este programa estea a ser productivo para eles”, sinalou o rexedor, lembrando que os interesados no mesmo e que aínda non estean a participar, poden inscribirse no Rexistro Xeral do Concello. O primeiro edil tamén valorou de xeito positivo a recente Campaña de Apoio ó Comercio Local celebrada durante o Nadal, do 1 de decembro ó 6 de xaneiro, baixo o título “Comprando en Narón, tí ganas”. Nesta iniciativa participaron un total de 86 comerciantes do municipio, que repartiron entre os compradores aproximadamente 22.000 papeletas, para participar no sorteo de 5.100€ en premios (dous cheques de 1.000€ e outros dous de 500€, dez cestas de nadal valoradas en 150€ cada unha, e tres premios de 300€ - 200€ - e 100 € á mellor ambientación navideña dos comercios). Ademáis da elevada participación de establecementos comerciais e de volume de negocio, o Alcalde de Narón destacou a procedencia dos compradores que fixeron compras nos establecementos locais. Segundo explicou o Alcalde, o 69,02% dos compradores foron veciños de Narón, o 9,84% procedían de Ferrol, e o 14,74% da comarca. José Manuel Blanco fixo unha valoración moi positiva da campaña, xa que cumplíu con un dos obxetivos primordiais da mesma que era atraer o consumo de Ferrolterra cara ó pequeno comercio de Narón. Ademáis, esta iniciativa servíu tamén para promocionar o comercio local, e o correspondente beneficio para o mesmo. “Dende o goberno municipal seguiremos apoiando tódalas accións que sexan necesarias, e que estean na nosa man, para contribuir ó desenrolo do pequeno comercio naronés”, concluíu o Alcalde.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal