Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O AUDITORIO ACOLLE O DOMINGO 30 DE XANEIRO UNHA OBRA DE TEATRO INFANTIL CON MONICREQUES
"Bajo mi cama, una estrella" é unha peza da compañía La Tirita de Teatro, dirixida a nen@s de 3 a 7 anos de idade.
Narón, 26 de xaneiro de 2011.- O Auditorio Municipal da Praza de Galicia acolle este domingo, 30 de xaneiro, a obra de teatro infantil "Bajo mi cama, una estrella" producida pola compañía La Tirita de Teatro. A función enmárcase dentro do ciclo de Teatro Infantil e Familiar, promovido polo Padroado de Cultura do COncello de Narón, que se desenvolve entre os meses de xaneiro e abril de 2011. A función está dirixida a nen@s de 3 a 7 anos de idade, e ten unha duración de 45 minutos. Incluída no xénero de monicreques, a obra narra a historia dun boneco chamado Miguel que non é moi forte, nen moi áxil, nen moi rápido pero é moi valente... sempre que sexa de día e haxa sol. Porque de noite... Da noite, a Miguel só lle gusta a lúa, especialmente se está chea. "Bajo mi cama, una estrella" é un espectáculo que trata dos monstros que a todos nos deron medo algunha vez, e que, aínda que sexamos maoires, seguen a darnos. A dirección da obra corre a cargo de Alberto Alfaro. O prezo das entradas é de 4€ para nen@s (de 2 a 14 anos) e 6€ para adultos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal