Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA A 2ª EDICION DO CURSO DE SOCORRISTA ACUÁTICO PROFESIONAL
As solicitudes poden presentarse do 1 ó 18 de febreiro, no Rexistro Xeral do Concello e no Pavillón de A Gándara.
Narón, 27 de Xaneiro de 2011.- O Concello de Narón e a Universidade de A Coruña (UDC) organizan, por segundo ano consecutivo, o “Curso de Socorrismo en Instalacións Acuáticas e en Espazos Acuáticos Naturais” cuxo prazo de preinscripción é do 1 ó 18 de febreiro de 2011. Está organizado polo Grupo de Investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo da Universidade de A Coruña e o Padroado de Deportes do Concello de Narón, baixo a coordinación do profesor José Palacios. A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou a nova edición deste seminario, no cal terán preferencia á hora de asignar as prazas os candidatos empadroados no Concello de Narón. As instancias –que se poden presentar no Rexistro Xeral do Concello e no Pavillón Polideportivo de A Gándara- se valorarán por riguroso orde de presentación das mesmas. Existen tres modalidades diferentes de matrícula, e dependendo da opción escollida, o prezo da mesma varía: 1.- Curso de Socorrismo en Instalación Acuáticas. (250€ para empadroados/as no Concello de Narón e estudantes universitarios da UDC- resto do alumnado 300€). 2.- Curso de Socorrismo en Espazos Acuáticos Naturais (para o cal é obrigatorio dispor do certificado do Curso en Instalacións Acuáticas). (280€ para empadroados/as no Concello de Narón e estudantes universitarios da UDC- resto do alumnado 336€). 3.- Os dous cursos conxuntamente (320€ para empadroados/as no Concello de Narón e estudantes universitarios da UDC- resto do alumnado 384€). O requisito imprescindible para a celebración deste curso é que exista un mínimo de 20 alumnos/as inscritos. Logo de finalizar o prazo de preinscripción, os interesados serán chamados o día 21 de febreiro para comunicarlles a súa admisión no mesmo, e para realizar nos dias seguintes (do 21 ó 24 de febreiro) o pago da matrícula mediante ingreso bancario. A presentación do curso está fixada para o 25 de febreiro, e as clases comenzarán o 4 de marzo e finalizarán o 8 de maio de 2011. O horario de celebración das mesmas será o seguinte: Venres: de 16:00 a 20:00 horas Sábados: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas Domingos: de 10:00 a 14:00 horas Os alumnos/as que superen con éxito as probas recibirán –ademáis do título- tres créditos de libre elección recoñecidos pola UDC. O curso ten unha doración total de 520 horas, cunha carga lectiva de 114 horas. As clases teóricas se impartirán na sala de usos múltiples da Biblioteca Municipal de O Alto, e as prácticas se repartirán entre a piscina de A Gándara, nunha primeira fase, e as praias da comarca, na recta final do curso. Respecto ó índice de inserción profesional, Natalia Hermida asegurou que na primeira edición do Curso de Socorrismo Acuático Profesional un total de 16 alumnos/as superaron as probas –dos 20 matriculados- tendo unha elevada saída laboral.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal