Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN SOBRE O CENTENARIO DA LIÑA DE FERROCARRIL BETANZOS-FERROL
Pode visitarse ata o día 15 de febreiro, en horario de mañá e tarde, e con entrada libre.
Narón, 31 de Xaneiro de 2011.- O Pazo da Cultura de Narón acolle do 1 ó 15 de febreiro unha exposición organizada pola Asociación Ferrolterra de Amigos do Ferrocarril (AFAF), con motivo do centenario da entrada en funcionamento da liña do ferrocarril Betanzos-Ferrol. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e diferentes representantes da Corporación Municipal, asistiron onte á inauguración desta mostra, na que se conmemora a creación desta liña férrea, cuxa entrada en servizo tivo lugar o 5 de maio de 1913. Para celebrar o seu centenario, tense creado un comité integrado polos concellos de Betanzos, Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Mugardos, Fene, Neda, Narón e Ferrol –municipios polos que discurre a liña- e a AFAF, de cara á programación de actos conmemorativos coma esta exposición que recala en Narón, logo de haber visitado Betanzos. A mostra permanece aberta ó público, con entrada de balde, no seguinte horario: -Mañás: de luns a sábado de 11:00 a 13:00 horas -Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:00 h. e sábados de 16:00 a 19:00 h. Dende a Concellería de Turismo do Concello de Narón estanse a programar visitas guiadas para colexios, asociacións ou colectivos interesados en asistir. Para reservar cita ou consultar calqueira dúbida, pódese chamar o número de teléfono municipal 981 337 700 (extensión 1517) ou enviar un correo electrónico á conta turismo@naron.es A mostra inclúe fotografías dende 1896 ata 1960, polo que se trata dunha retrospectiva da historia do ferrocarril entre Betanzos e Ferrol. Tamén se complementa con material histórico que, segundo os organizadores, é digno de ver. Dende a AFAF fíxose un chamamento á cidadanía que poida ter obxetos ou material fotográfico para incluir nesta exposición itinerante.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal